Harland and Wolff Heavy Industries Ltd., coñecida como Harland and Wolff, é unha empresa británica con sede en Belfast, Irlanda do Norte, propiedade de Navantia. A súa especialidade é a construción naval, creación de proxectos de enxeñaría e despedazamento de barcos. Foi no estaleiro de Harland and Wolff onde se construíron a maior parte dos barcos da White Star Line, entre os que están o RMS Titanic e os seus irmáns o RMS Olympic e o HMHS Britannic.
Actualmente, a empresa céntrase en dar soporte aos sectores de defensa, enerxía, cruceiros e transbordadores, enerxías renovábeis e o sector comercial.
Historia Século XIX miniatura|esquerda|Traballadores saíndo da grella de Queen's Road a comezos de 1911. O RMS Titanic pódese observar ao fondo. Harland and Wolff creouse o 11 de abril de 1861 a mans de Edward James Harland e Gustav Wilhelm Wolff.
En 1858, Harland, entón xerente xeral, mercou o pequeno estaleiro de Queen's Island ao seu empregador, Robert Hickson, quen era o seu propietario dende 1853.Harland & Wolff. Encyclopedia Titanica. Consultado o 7 de agosto de 2026.
Tras comprar a grella de Hickson, Harland fixo do seu asistente Gustav Wolff o seu socio na empresa. Wolff era sobriño de Gustav Schwabe, un financeiro de Hamburgo, que encargou os tres primeiros barcos á nova empresa. Walter Henry Wilson converteuse en socio da empresa en 1874. Harland & Wolff tivo éxito no negocio grazas a varias innovacións, destacando a substitución das cubertas superiores de madeira por outras de ferro que aumentaban a resistencia dos barcos e aumentaban a súa capacidade.
Cando Edward Harland finou en 1895, William James Pirrie fíxose cargo da presidencia da empresa ata a súa morte en 1924.
Anos 1900-1940 Thomas Andrews fíxose xefe do departamento de elaboración en 1907, sendo neste período cando a compañía construíu o RMS Olympic xunto co RMS Titanic e o HMHS Britannic entre 1908 e 1915.
En 1912, a compañía adquiríu outra iarda en Glasgow, Escocia. Mercou o London & Glasgow Engineering & Iron Shipbuilding Co's Middleton, o Govan New Shipyards en Govan e Mackie & Thomson's Govan Old Yard.
Durante a primeira guerra mundial, Harland and Wolff construíu monitores e cruceiros, entre os que está o HMS Glorious. En 1918 a empresa abriu un novo estaleiro na parte oriental da Canle de Musgrave, que foi nomeado o East Yard. Este estaleiro especializouse na produción masiva de buques segundo o modelo desenvolto durante a primeira guerra mundial.
A empresa iniciou unha filial subsidiaria para a fabricación de avións en 1936. O seu primeiro encargo foi o da construción de 189 bombardeiros Handley Page Hereford para a Royal Air Force.
Durante a segunda guerra mundial, o estaleiro estivo moi ocupado coa construción de 6 portaavións, 2 cruceiros (entre o que está o HMS Belfast) e outros 131 buques; tamén adicouse á reparación duns 22 000 barcos e fabricou tanques e compoñentes de artillaría. Foi neste período cando o cadro de persoal da empresa acadou o seu máximo, con arredor de 35 000 empregados. O estaleiro de Queen's Island foi bombardeado pola Luftwaffe, entre abril e maio de 1941 causando danos nas instalacións de construción naval e destruíndo a factoría de avións.
Posguerra e declive Co aumento da potencia dos avións a reacción a finais dos anos 1950, a demanda de barcos diminuíu. Isto, sumado a competencia dos estaleiros xaponeses, provocou algunhas dificultades na industria naval británica. O último barco que a empresa botou foi o MV Arlanza para a Royal Mail Line en 1960, mentres que o último transatlántico construído foi o SS Canberra en 1961.
Na década de 1960, o Goberno Británico iniciou a promoción dos préstamos e subvencións aos estaleiros británicos para conservar postos de traballo. Parte deste diñeiro utilizouse no financiamento da modernización do estaleiro, o que permitía a construción do barco mercante máis grande xamais construído. Porén, tras varios problemas a empresa viuse obrigada a nacionalizarse en 1977 como parte de British Shipbuilders.
En 1989 Harland & Wolff foi privatizada, en asociación co magnate noruegués Fred Olsen, levando á creación dunha nova empresa chamada Harland & Wolff Holdings Plc. Por aquel entón, o número de traballadores caera a preto de 3000 personas.
A finais da década dos 90, o estaleiro pasou a formar parte do equipo aeroespacial da Royal Navy.
Reestruturación dereita|miniatura|250px|Un dos guindastres de Harland and Wolff en Belfast. Perante as múltiples competencias, Harland and Wolff viuse obrigada a ampliar os seus negocios, centrándose menos na construción naval e máis no deseño e na enxeñaría estrutural, así como da reparación de barcos. Isto levou a Harland and Wolff á construción de numerosas pontes tanto no Reino Unido como en Irlanda, baseándose no éxito obtido coa súa primeira obra civil, a ponte de Foyle e outras como a restauración do Ha' Penny Bridge de Dublín.
Após os continuos problemas económicos, en 2025 a empresa pública española Navantia, a través da súa filial Navantia UK, adquiriu a totalidade de Harland and Wolff e os seus catro estaleiros.
Produción A empresa construíu máis de 1700 barcos nos seus máis de 160 anos de existencia. Entre os barcos construídos por Harland and Wolff están:Passenger lists and Emigrant ships from Norway-Heritage - Shipyard: Harland & WolffExperience of a UK Shipyard in the 1990s Offshore Market, J. MacGregor, RINA, W272, 2001
SS Michigan, 1890 SS Mississippi, 1890 SS Massachusetts, 1891 SS Manitoba, 1892 SS Mohawk, 1892 SS Mobile, 1893 SS Gothic
SS Canada, 1896
SS Commonwealth, 1900 SS Minnehaha, 1900 SS Celtic, 1901 RMS Walmer Castle, 1901 SS Athenic, 1901
RMS Kenilworth Castle, 1903 SS Mamari, 1904 RMS Aragon, 1905 USS Republic, 1907 RMS Edinburgh Castle, 1910 SS Pakeha, 1910 , 1911 , 1911 SS Zealandic, 1911 RMS Arlanza, 1911 , 1912 SS Ceramic, 1912 SS Katoomba, 1913 1914 SS Justicia, 1914 RMT Almanzora, 1914 SS Venusia, 1918 SS Varentia, 1918 RMMV Arundel Castle, 1919 RMS Mooltan, 1923 RMS Maloja, 1923 SS Minnewaska, 1923 RMMV Asturias, 1925 RMMV Carnarvon Castle, 1926 RMMV Llangibby Castle, 1929 RMMV Winchester Castle, 1929 MS Achimota, 1929 RMMV Warwick Castle, 1930 MV Highland Patriot, 1932 MV Waipawa, 1934 MV Wairangi, 1935 RMMV Stirling Castle, 1935 RMMV Athlone Castle, 1935 RMMV Dunnottar Castle, 1936 RMMV Dunvegan Castle, 1936 MV Walmer Castle, 1936 RMMV Cape Town Castle, 1937 RMMV Durban Castle, 1938 RMS Andes, 1939 RMMV Pretoria Castle, 1939 RFA Black Ranger, 1940 RFA Brown Ranger, 1940 MV Empire Grace, 1941 INS Vikrant, 1943 MV Empire Abercorn, 1944 MV Durango, 1944 MV Waiwera, 1944 SS Athenic, 1946 RMS Pretoria Castle, 1947 RMS Edinburgh Castle, 1947 RMS Parthia, 1948 RMS Magdelena, 1949 MV Bloemfontein Castle, 1949 SS Rhodesia Castle, 1951 SS Kenya Castle, 1951 SS Braemar Castle, 1952 MV Cedric, 1952 MV Cretic, 1953 SS Iberia, 1954 SS Loch Gowan, 1954 SS Southern Cross, 1954 SS Reina Del Mar, 1955 SS Loch Loyal, 1957 RMS Pendennis Castle, 1957 RMMV Amazon, 1959 RMMV Aragon, 1959 SS Canberra, 1960 RMMV Arlanza, 1960 Knock An, 1996 Glas Dowr, 1996 Schiehallion, 1997 Bideford Dolphin, 1998 Borgland Dolphin, 1999 Glomar CR Luigs, 2000 Glomar Jack Ryan, 2000 Portaavións INS Vikrant HMS Formidable, 20px|White Ensign HMS Eagle, 20px|White Ensign HMS Unicorn, 20px|White Ensign HMS Campania, 20px|White Ensign HMS Glory, 20px|White Ensign HMS Warrior, 20px|White Ensign HMCS Magnificent, 20px|White Ensign of the Canadian Navy HMCS Bonaventure, 20px|White Ensign of the Canadian Navy HMS Centaur, 20px|White Ensign HMS Bulwark,20px|White Ensign Cruceiros HMS Penelope, 20px|White Ensign HMS Belfast, 20px|White Ensign HMS Black Prince, 20px|White Ensign HMCS Ontario, 20px|White Ensign of the Canadian Navy Petroleiros British Destiny, 20px|Red Ensign British Tanker Company, 1937 British Fidelity, 20px|Red Ensign British Tanker Company, 1938 British Integrity, 20px|Red Ensign British Tanker Company, 1937 British Merit, 20px|Red Ensign British Tanker Company, 1942 British Might, 20px|Red Ensign British Tanker Company, 1945 British Patience, 20px|Red Ensign British Tanker Company, 1943 British Power, 20px|Red Ensign British Tanker Company, 1936 British Security, 20px|Red Ensign British Tanker Company, 1937 British Trust, 20px|Red Ensign British Tanker Company, 1939 British Vigilance, 20px|Red Ensign British Tanker Company, 1942
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Harland and Wolff Heavy Industries Harland and Wolff On Titanic-Titanic.com
Nationwide program feat. a report on Harland and Wolff's bridge-building in the Republic of Ireland (Real player required to watch). Bad Management program which resulted in a huge crane collapsing. The management currently is still undecided why their crane actually fell the ground. Second World War online resource for NI
Categoría:Estaleiros Categoría:Empresas navieiras