O rapante pintado, tamén coñecido como ollón,Rodríguez Solórzano et. al. (1983), p. 182.Rodrígue Villanueva el al. (1995), pp. 280-281. rapante de catro manchas,Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 83. e, sobre todo, como meiga (de Fisterra "para arriba") e rapante (de Fisterra "para abaixo"), cientificamente Lepidorhombus boscii (Risso, 1810), é un peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos escoftálmidos,Lepidorhombus boscii (Risso, 1810) no WoRMS.

Taxonomía A especie foi descrita por primeira vez en 1810 polo naturalista nizardo Antoine Risso baixo o nome de Pleuronectes boscii, que dedicou ao seu colega Louis-Augustin Bosc d’Antic.

Sinónimos Ademais de polo basónimo citado, a especie tamén se coñeceu polos sinónimos: Arnoglossus boscii (Risso, 1810) Hippoglossus boscii (Risso, 1810) Rhombus boscii (Risso, 1810)

Descrición miniatura|250px|Lepidorhombus boscii nun mercado. Peixe aplanado e de corpo moi alongado, mide entre os 20 e os 40 cm de lonxitude e pesa entre os 200 gr e os 1.500 gr.Ficha do peixe Ten os ollos situados no lado esquerdo, ambos os dous separados por unha crista ósea (o inferior esta mais adiantado). Lepidorhombus boscii presenta catro pintas escuras e redondas en cada unha das aletas anal e dorsal,Ao que debe o nome que lle outorgaron Lahuerta e Vázquez. e posúe unhas escamas que son caedizas e do mesmo xeito que en Lepidorhombus wiffiagonis (o rapante común) son ctenoides no lado pigmentado e cicloides) no lado cego.Ficha do rapante na web de gastronomíadegalicia.com da Xunta de Galicia.

As súas mandíbulas superiores con dentes moi pequenos e curvados acadan as proximidades da vertical que pasa polo centro do ollo e a lonxitude desta é de igual magnitude para ambos os lados da boca que é ancha e oblicua. A aleta dorsal ten 78/86 radios, a anal 65/69, a pectoral 11/12 e a ventral 6. Todos os radios son brandos.

Posúe de 11 a 13 branquispinas na rama inferior do primeiro arco branquial.

Hábitat e situación Vive moi próximo ao fondo (é demersal), nos bancos areosos da masa de auga que é o seu hábitat a uns 1.000 ou 900 metros aproximadamente.

Lepidorhombus boscii atópase nas augas do Atlántico nororiental, no mar Cantábrico e no Mediterráneo occidental.

En Galicia A primeira cita desta especie en Galicia débese a De Buen, no seu traballo de 1935 "Fauna ictiológica. Catálogo de los peces ibéricos de la planicie continental, aguas dulces, pelágicos y de los abismos próximos. II parte!, Not. y Res. Inst. Esp. Ocean. 82: 1-89.

A outra especie do xénero Ademais do rapante pintado (Lepidorhombus boscii), hai outra especie denominada rapante común (Lepidorhombus whiffiagonis) que se diferencia deste en que non ten as catro manchas escuras do final do corpo e tamén en que o tamaño do rapante común é algo maior. Na praza diferéncianse en que o pintado ten unha cor máis escura e as raias debaixo da pel son lixeiramente máis grosas e máis escuras que o rapante común.

O rapante pintado cotizábase en agosto de 2012 a uns 12 €/kg mentres que o común a uns 7 €/kg.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7. Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4. Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1995): Peixes do mar de Galicia. (III) Peixes óseos (continuación). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-870-2.

Outros artigos Pleuronectiformes Escoftálmidos

Ligazóns externas Lepidorhombus boscii en FishBase . Con información, fotos e mapa de distribucción. Lepidorhombus boscii en Ictioterm

Categoría:Pleuronectiformes Categoría:Animais descritos en 1810 Categoría:Peixes de Galicia Categoría:Peixes do océano Atlántico