Os Chicago Blackhawks (escrito Black Hawks ata 1986, e coñecidos coloquialmente como Hawks) son un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Chicago (Estados Unidos) que compite na National Hockey League (NHL) como membro da Central Division na Conferencia Oeste. Foi fundado en 1926 e gañou seis Stanley Cups (1933-34, 1937-38, 1960-61, 2009-10, 2012-13 e 2014-15), catro títulos de conferencia (1991-92, 2009-10, 2012-13 e 2014-15), dous Presidents' Trophies (1990–91, 2012–13) e 15 títulos de división. Entre 1926 e 1986 era denominado Chicago Black Hawks, trocando a súa denominación pola actual en 1986. Son un dos denominados "Original Six" da NHL, xunto cos Detroit Red Wings, os Montreal Canadiens, os Toronto Maple Leafs, os Boston Bruins, e os New York Rangers. Dende a tempada 1994-95 o equipo xoga os seus partidos como local no United Center, que comparte cos Chicago Bulls da National Basketball Association (NBA); previamente ambos equipos xogaron no actualmente demolido Chicago Stadium.
O propietario orixinal dos Blackhawks foi Frederic McLaughlin, un propietario moi intervencionista que despediu a moitos adestradores mentres tivo a franquía e levou o equipo a gañar dous títulos da Stanley Cup en 1934 ee 1938. Logo da morte de McLaughlin en 1944, o equipo pasou a ser propiedade familia Norris, que actuaron como arrendadores como donos do Chicago Stadium, e tamén tiñan participación en varios equipos da NHL. Inicialmente, a propiedade dos Norris exercíase a través dun sindicato encabezado polo veterano executivo Bill Tobin, e o equipo quedou relegado en favor do Detroit Red Wings, tamén propiedade dos Norris. Logo da morte de James E. Norris pai en 1952, os bens da familia Norris repartíronse entre os seus membros, e James D. Norris converteuse no propietario dos Blackhawks. O mozo Norris amosou un interese activo no equipo, que gañou outra Stanley Cup baixo a súa xestión en 1961. Logo da morte de James D. Norris en 1966, a franquía pasou ás mans da familia Wirtz. En 2007, o control do equipo pasou ás mans de Rocky Wirtz, a quen se lle atribúe a transformación da organzación, que perdera tanto o interese da afección como a competitividade; baixo a xestión de Wirtz, os Blackhawks gañaron tres veces a Stanley Cup en 2010, 2013 e 2015. Rocky morreu en xullo de 2023, e o seu fallo, Danny Wirtz, foi nomeado presidente dos Blackhawks.
Máis de 800 xogadores vestiron a camisola da franquía, incluíndo a uns corenta membros do Hockey Hall of Fame. De todos eles, Stanley Mikita xogou no equipo entre as tempadas 1958-59 e 1979-1980. É o máximo puntuador e pasador da historia da franquía, así como o xogador máis empregado, tanto en liga regular como nos play-offs. É superado só por Robert Hull en número de goles tanto nas series como na liga regular, os dous xogadores compartiron case toda a súa carreira.
Identidade do equipo Nome miniatura|dereita|O xefe amerindio Falcón Negro. O nome imaxinado por Laughlin para a franquía e que fai referencia ao xefe amerindio Falcón Negro escribiuse en dúas palabras dende o seu debut na NHL. Durante o verán de 1986, o descubrimento do contrato orixinal do equipo amosou que o nome escribírase Blackhawks nunha soa palabra. O daquela propietario, Bill Wirtz, decidiu formalizar este nome para axustarse ao documento orixinal.The Big Book of Hockey Trivia, p. 242
Mascota miniatura|esquerda|Tommy Hawk en outubro de 2021. Como a maior parte dos equipos profesionais americanos, os Blackhawks posúen a súa propia mascota. A mascota dos Blackhawks é Tommy Hawk, un buteogallus anthracinus antropomorfo que leva as catro plumas dos Blackhawks na súa cabeza, xunto cunha camisola do equipo e pantalóns de hóckey sobre xeo. O seu nome é un xogo de palabras que fai referencia ao tomahawk, un arma empregada polos nativos norteamericanos.
Tommy Hawk participa frecuentemente no lanzamento de camisolas no United Center. Camiña ao redor da pista antes e durante o partido. O equipo presentou a Tommy Hawk na tempada 2001–02. Tommy Hawk foi introducido no Mascot Hall of Fame en 2019.
Pavillóns Dende 1994, os Chicago Blackhawks xogan os seus partidos como locais no United Center, se ben anteriormente xogou algunhas tempadas no Chicago Coliseum, e a maior parte da súa historia no Chicago Stadium (entre 1929 e 1994). Dende a primeira tempada da franquía, o equipo de Chicago empregou os tres pavillóns para os seus partidos como local nos seguintes períodos:
Pavillóns empregados polos Boston Bruins Imaxe Nome Primeira tempada Derradeira tempada Capacidade Usos futuros 150px Chicago Coliseum 1926-1927 1928-1929 6 000 Demolido en 1983 150px Chicago Stadium 1929-1930 1993-1994 17 317 Demolido en 1995 150px United Center 1995-1996 Actualmente en uso 19 717
Chicago Coliseum
Chicago Stadium
United Center
Asistencia ao United Center Os Blackhawks levan conseguido o récord de asistencia as cinco últimas tempadas de xeito consecutivo. ESPN NHL attendance report
Tempada Asistencia Media 2000–2001 614.875 14.996 2001–2002 638.324 15.568 2002–2003 606.580 14.794 2003–2004 543.374 13.253 2005–2006 546.075 13.318 2006–2007 521.809 12.727 2007–2008 689.377 16.814 2008–2009 871.337 21.783 2009–2010 854.267 21.356 2010–2011 878.356 21.423 2011–2012 882.874 21.533 2012–2013 522.619 21.775
Equipos afiliados miniatura|250px|Ben Smith coa camisola dos Rockford IceHogs, equipo afiliado a Chicago na American Hockey League (AHL). As franquías da NHL teñen un cadro de xogadores limitado por convenio, polo que contan cun ou máis equipos «afiliados» que cada ano compiten en ligas menos importantes. Isto permítelles recrutar xogadores novos na repesca anual, posibilitándolles continuar o seu desenvolvemento sen comezar demasiado cedo. Ademais, estes equipos afiliados (tamén chamados clubs escola ou farm teams en inglés) constitúen unha reserva de talentos para as franquías da NHL, que os atraen a mercé das lesións e/ou a pobre formación do equipo. A excepción dos equipos propietarios do seu propio club escola, as afiliacións finalizan cun acordo contractual e non se conxelan no tempo. Dende os seus inicios, os Blackhawks tiveron as seguintes afiliacións:
Equipos afiliados dos Chicago Blackhawks Período Equipo Liga 1937-1938 Saint-Louis Flyers AHA 1939-1941 Providence Reds AHL 1940-1942 Kansas City Americans AHA 1946-1948 Kansas City Pla-Mors USHL 1947-1948 Pittsburgh Hornets AHL 1949-1950 Kansas Mohawks USHL 1950-1951 Milwaukee Sea Gulls USHL 1951-1953 Saint-Louis Flyers AHL 1953-1954 Calgary Stampeders WHL 1953-1954 Québec As LHQ 1954-1966 Buffalo Bisons AHL 1963-1967 Saint-Louis Braves CHL 1967-1978 Dallas Black Hawks CHL 1967-1973 Portland Buckaroos WHL 1978-1982 New Brunswick Hawks AHL 1982-1984 Springfield Indians AHL 1984-1985 Milwaukee Admirals IHL 1985-1987 Nova Scotia Oilers AHL 1987-1989 Saginaw Hawks IHL 1989-1998 Indianapolis Ice IHL 1998-1999 Portland Pirates AHL 1999-2000 Cleveland Lumberjacks IHL 2000-2007 Norfolk Admirals AHL Dende 2007 Rockford IceHogs AHL
Afiliacións secundarias Ademais destes equipos, as franquías da NHL posúen unha ou dúas afiliacións denominadas «secundarias» con equipos que compiten en ligas menores. Estes equipos son empregados xeralmente como depósito de xogadores para os equipos anteriores en caso de ausencias por lesión de xogadores ou partidos cun equipo da NHL. Ao longo da súa historia, os Blackhawks tiveron as seguintes afiliacións secundarias:
Outras afiliacións dos Chicago Blackhawks Período Equipo Liga 1967-1968 Columbus Checkers IHL 1967-1971 Greensboro Generals EHL 1969-1982 Flint Generals IHL 1982-1984 Peoria Prancers IHL 1985-1987 Saginaw Generals IHL 1993-1994 Columbus Chill ECHL 1993-1994 St. Thomas Wildcats UHL 1993-1995 Flint Generals UHL 1995-1999 Columbus Chill ECHL 2001-2002 Jackson Bandits ECHL 2002-2003 Roanoke Express ECHL 2004-2006 Greenville Grrrowl ECHL 2007-2008 Pensacola Ice Pilots ECHL 2008-2009 Fresno Falcons ECHL 2009-2014 Toledo Walleye ECHL Dende 2014 Indy Fuel ECHL
Personalidades Xogadores Capitáns do equipo miniatura|250px|Jonathan Toews, capitán do equipo de 2008 a 2023. Dende os inicios da franquía, 35 xogadores tiveron o honor de ostentar a capitanía do equipo. Jonathan Toews, que foi nomeado na tempada 2008-09 con 20 anos e 79 días, é o capitán máis novo na historia da franquía e o terceiro da NHL por detrás de Sidney Crosby dos Pittsburgh Penguins e Vincent Lecavalier do Tampa Bay Lightning. De todos os xogadores que levaron o "C" na súa camisola, o porteiro Charlie « Chuck » Gardiner é o único que levou o seu equipo á Copa Stanley. Os diferentes xogadores que teñen sido capitáns do equipo ao longo da súa historia son:
{| class="wikitable" style="text-align: center;" |colspan=4| Capitáns entre 1926 e 1968 Nome(s) Período James Dickinson « Dick » Irvin 1926 a 1929 Duke Dukowski 1929-1930 Ty Arbour 1930-1931 Marvin « Cy » Wentworth 1931-1932 Helge Bostrom 1932-1933 Charlie « Chuck » Gardiner 1933-1934 Ningún capitán 1934-1935 Johnny Gottselig 1935 a 1940 Earl Seibert 1940 a 1942 Doug Bentley 1942 a 1944 Clint Smith 1944-1945 John Mariucci 1945-1946 Red Hamill 1946-1947 John Mariucci 1947-1948 Gaye Stewart 1948-1949 Doug Bentley 1949-1950 Jack Stewart 1950 a 1952 Bill Gadsby 1952 a 1954 Gus Mortson 1954 a 1957 Ningún capitán 1957-1958 Ed Litzenberger 1958 a 1961 Pierre Pilote 1961 a 1968 </td> Capitáns dende 1968 Nome(s) Período Ningún capitán 1968-1969 Pat Stapleton 1969-1970 Ningún capitán 1970 a 1975 Hubert Martin 1975-1976 Stan Mikita, Hubert Martin e Keith Magnuson 1976-1977 Keith Magnuson 1977 a 1979 Keith Magnuson e Terry Ruskowski 1979-1980 Terry Ruskowski 1980 a 1982 Darryl Sutter 1982 a 1985 Darryl Sutter e Bob Murray 1985-1986 Darryl Sutter 1986-1987 Ningún capitán 1987-1988 Denis Savard 1988-1989 Dirk Graham 1989 a 1995 Chris Chelios 1995 a 1999 Doug Gilmour 1999-2000 Tony Amonte 2000 a 2002 Alekseï Jamnov 2002 a 2004 Aucun capitaine, tempada cancelada 2004-2005 Adrian Aucoin e Martin Lapointe 2005 a 2007 Jonathan Toews 2008 a 2023 Nicholas Foligno 2024-
Eleccións na primeira rolda do draft
Cada ano dende 1963, os xogadores das ligas menores teñen a posibilidade de asinar contratos coas franquías da NHL. Ao longo da súa historia, os Blackhawks escolleron dúas veces en primeira posición, seleccionando a Connor Bedard (2023) e Patrick Kane (2007). A continuación móstranse as eleccións na primeira rolda do draft da NHL dos Chicago Blackhawks:
{| class="wikitable" style="text-align: center;" |colspan=4|