Xosé Xoán Barreiro Prado, nado en Foz en 1958, é un maxistrado galego.

Traxectoria Durante as súas primeiras etapas como xuíz, estivo ao cargo do Xulgado do Social número 2 de Pontevedra, órgano que recibiu o primeiro Premio Lois Peña Novo, en 1995, por ser un dos primeiros xulgados que traballou integramente en galego. É maxistrado presidente da Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra e profesor na UNED.

Participa activamente en movementos asociativos. É membro fundador da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, e da Irmandade Xurídica Galega. Tamén pertence ao consello de redacción da Revista Xurídica Galega.

Obra Dicionario xurídico galego. Coordinado a canda Luciano Varela Castro. (2011, Xerais).

Premios Premio Lois Peña Novo, 2000. Premio Xoán Manuel Pintos, 2006 do Concello de Pontevedra e a Rede de Entidades amigas da Lingua, como recoñecemento ao seu labor de defensa e dignificación da lingua galega no eido xudicial, especialmente na cidade de Pontevedra. En 2009 foi nomeado fillo predilecto do concello de Foz polo seu labor profesional e polo seu compromiso na defensa da lingua galega no mundo da xustiza. En 2010 foi recoñecido como Galego Egrexio polo Premio da Crítica Galicia.

Véxase tamén Ligazóns externas Fillo predilecto de Foz

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes

Categoría:Xuíces de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Foz Categoría:Nados en 1958 Categoría:Profesores da Universidade Nacional de Educación a Distancia Categoría:Premio Xoán Manuel Pintos