Os Edmonton Oilers son un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Edmonton, Alberta (Canadá). Dende 1979 os Oilers compiten na máxima competición de hóckey sobre xeo de América do Norte, a National Hockey League (NHL), estando encadrado na Pacific Division da Conferencia Oeste. Xogan os seus partidos como locais no Rexal Place dende 1974. O equipo gañou a Stanley Cup en cinco ocasións, ademais de gañar sete títulos de conferencia e nove de división (un deles competindo na World Hockey Association). Foron fundados en 1972 baixo o nome de Alberta Oilers para competir na World Hockey Association (WHA), trocando o seu nome na súa segunda tempada na competición polo seu nome actual.

Dende a súa fundación, os Oilers xogaron sete veces as finais da Stanley Cup (1983, 1984, 1985, 1987, 1988, 1990 e 2006), gañando o título en 1984, 1985, 1987, 1988 e 1990. Manteñen unha forte rivalidade cos seus veciños de Alberta, os Calgary Flames, coñecida como the Battle of Alberta (en galego a batalla de Alberta). A franquía de Edmonton conseguiu o Presidents' Trophy en dúas ocasións consecutivas, sendo o primeiro equipo en conseguir este galardón.

De entre todos os xogadores que vestiron a camisola dos Oilers compre destacar a Wayne Gretzky, coñecido como The Great One, considerado por moitos o mellor xogador da historia do hóckey sobre xeo. Nove xogadores do equipo forman parte do Hockey Hall of Fame. O equipo actual está adestrado por Todd McLellan e está liderado polo capitán Andrew Ference.

Historia

Rivalidades

Os Edmonton Oilers son un dos dous equipos que representan á provincia de Alberta na NHL. O equipo mantén unha forte rivalidade cos seus veciños, os Calgary Flames. Esta rivalidade foi especialmente tensa na segunda metade da década de 1980, cando os dous equipos eran os dous mellores equipos da Campbell Conference e mesmo algúns anos, de toda a liga.

Os Oilers derrotaron aos Flames nos play-offs en 1983, 1984, 1988, e 1991, no seu camiño cara ás súas cinco Stanley Cups. Con todo, os Flames vingáronse e eliminaron os seus veciños cun gol decisivo autogol do defensa dos Oilers Steve Smith, que elevou a rivalidade a un novo nivel. Os flames tiñan unha posición privilexiada nos play-offs de 1988 logo de ter gañado o Presidents' Trophy, mais os Oilers varréronos nas series (4-0) para acabar gañando a Stanley Cup.

En toda a historia ambos equipos se enfrontaron nos play-offs en cinco ocasión, nas que os Flames tan só foron capaces de eliminar os Oilers nunha ocasión na tempada 1985-86. Na liga regular, os Flames dominan cun resultado de 120 vitorias, por 110 vitorias dos Oilers e 19 empates.

A continuación móstranse os resultados entre os enfrontamentos nos play-offs dos Oilers e os Flames, en letra grosa os partidos gañados polos Oilers:

Enfrontamentos entre os Oilers e os Flames nas series eliminatorias Tempada Rolda Puntuacións Resultados Balance Referencia 1982-83 Final de División 6-35-12-106-59-1 16px|alt=vitoria 4-1 1-0 1983-84 Final de División 5-25-62-33-54-55-47-4 16px|alt=vitoria 4-3 2-0 1985-86 Final de División 1-46-53-24-71-42-52-3 16px|alt=derrota 3-4 2-1 1987-88 Final de Conferencia 1-34-54-26-4 16px|alt=vitoria 4-0 3-1 1990-91 Semifinal de División 1-33-14-35-25-31-24-5 16px|alt=vitoria 4-3 4-1

Identidade do equipo Logo e equipamento

Mascota Os Oilers non posúen mascota, sendo un dos únicos tres equipos da NHL que non contan cunha, os outros dous son os New York Rangers e os Philadelphia Flyers, xa que os Dallas Stars contan dende setembro de 2014 con Victor E. Green.

Oilers Octane

Na tempada 2010–11, os Oilers introduciron ás Oilers Octane, o primeiro grupo de animadoras dun equipo canadense da NHL. As Oilers Octane están formadas por 19 mulleres entre os 18 e os 29 anos, a maioría delas procedentes da área metropolitana de Edmonton ou a provincia de Alberta.

O grupo de animación ao principio non foi recibido con entusiasmo polos seareiros. Máis de 1.500 persoas asinaron unha petición online en contra, suxerindo que as mulleres non melloraban a experiencia do partido e podían mesmo obstaculizalo. Moitos consideraron que o grupo era un truco barato de relacións públicas e o consideraron irrespectuoso coas mulleres e nada relacionado co hóckey.

Amais de actuar nos partidos como local dos Oilers, axudan coas promocións e a inteacción cos seareiros, as integrantes de Octane participan na recadación de fondo para caridade e eventos especiais.

Medios de comunicación

Pavillóns

Dende 1974, os Edmonton Oilers xogan os seus partidos como local no Rexall Place, se ben as súas dúas primeiras tempadas empregou os Edmonton Gardens. Dende 2016 o equipo xogará os seus partidos como local no Rogers Place, que terá capacidade para 18.641 espectadores. Ao longo da súa historia os Oilers xogaron nos seguintes pavillóns:

Pavillóns empregados polos Edmonton Oilers Imaxe Nome Primeira tempada Derradeira tempada CapacidadeA capacidade dos pavillóns que se indica corresponde ao número de espectadores en competicións de hóckey sobre xeo. Edmonton Gardens 1972-73 1973-74 5.200 150px Rexall Place 1974-1975 2016 16.839 150px Rogers Place 2016 Actualmente en uso 18.641

Edmonton Gardens O primeiro pavillón empregado polos Edmonton Oilers para os seus partidos como local foi o Edmonton Gardens, onde xogou dende a súa creación ata 1974, cando se trasladou ao Northlands Coliseum, que se inaugurou en novembro dese mesmo ano. Este, inaugurado en decembro de 1913, foi o primeiro pavillón que acolleu partidos de hóckey sobre xeo na cidade e tiña capacidade para 5.200 espectadores. Finalmente, o edificio foi demolido en 1982.

Rexall Place Datos de asistencia no Rexall Place dende a chegada dos Oilers á NHL:

{| class="wikitable" style="text-align: center;" |colspan=4| Asistencia media ao Rexall Place Tempada Asistencia media 1979-80 15.417 1980-81 17.423 1981-82 17.490 1982-83 17.498 1983-84 17.498 1984-85 17.498 1985-86 17.319 1986-87 17.297 1987-88 16.957 1988-89 16.845 1989-90 17.008 1990-91 16.843 1991-92 16.179 1992-93 14.797 1993-94 13.413 1994-95 13.123 1995-96 12.335 1996-97 16.052 </td> Asistencia media ao Rexall Place Tempada Asistencia media 1997-98 16.244 1998-99 16.244 1999-00 15.800 2000-01 15.611 2001-02 16.592 2002-03 16.657 2003-04 17.677 2005-06 16.832 2006-07 16.839 2007-08 16.839 2008-09 16.839 2009-10 16.839 2010-11 16.839 2011-12 16.839 2012-13 16.839 2013-14 16.828 2014-15 16.839 2015-16 16.841

Rogers Place miniatura|250px|Interior do Rogers Place. Asistencia media ao Rogers Place Tempada Asistencia media 2016-17 18.347

Equipos afiliados Afiliacións na WHA Equipos afiliados dos Edmonton Oilers (WHA) Período Equipo Liga 1973-1974 Winston-Salem Polar Twins SHL 1975-1977 Spokane Flyers WIHL 1976-1977 Baltimore Clippers SHL 1976-1977 Beauce Jaros NAHL 1977-1978 Hampton Gulls AHL 1978-1979 Dallas Black Hawks CHL

Afiliacións na NHL As franquías da NHL teñen un equipo limitado por convenio, polo que contan cun ou máis equipos «afiliados» que cada ano compiten en ligas menos importantes. Isto permítelles recrutar xogadores xoves na repesca anual, permitíndolles continuar o seu desenvolvemento sen comezar demasiado cedo. Ademais, estes equipos afiliados (tamén chamados clubs escola ou farm teams en inglés) constitúen unha reserva de talentos para as franquías da NHL, que os atraen a mercé das lesións e/ou a pobre formación do equipo. A excepción dos equipos propietarios do seu propio club escola, as afiliacións finalizan cun acordo contractual e non se conxelan no tempo. Dende os seus inicios, os Oilers tiveron as seguintes afiliacións secundarias:

Equipos afiliados dos Edmonton Oilers (NHL) Período Equipo Liga 1979-1980 Houston Apollos CHL 1980-1982 Wichita Wind CHL 1982-1984 Moncton Alpines AHL 1984-1988 Nova Scotia Oilers AHL 1988-1996 Cape Breton Oilers AHL 1990-1991 Kansas City Blades† IHL 1996-2003 Hamilton Bulldogs AHL 2003-2004 Toronto Roadrunners AHL 2004-2005 Edmonton Roadrunners AHL 2005-2006 Hamilton Bulldogs† AHL 2005-2006 Iowa Stars† AHL 2007-2010 Springfield Falcons AHL 2010-2015 Oklahoma City Barons AHL 2015-2017 Bakersfield Condors AHL

(†) afiliacións parciais.

Afiliacións secundarias Ademais destes equipos, as franquías da NHL posúen unha ou dúas afiliacións denominadas «secundarias» con equipos que compiten en ligas menores. Estes equipos son empregados xeralmente como depósito de xogadores para os equipos anteriores en caso de ausencias por lesión de xogadores ou partidos cun equipo da NHL. Ao longo da súa historia, os Oilers tiveron as seguintes afiliacións secundarias:

Outras afiliacións dos Edmonton Oilers Período Equipo Liga 1979-1980 Dayton Gems IHL 1980-1984 Milwaukee Admirals IHL 1984-1987 Muskegon Lumberjacks IHL 1987-1988 Milwaukee Admirals IHL 1989-1990 Phoenix Roadrunners IHL 1992-1996 Wheeling Thunderbirds ECHL 1996-1997 Wheeling Nailers ECHL 1997-1999 New Orleans Brass ECHL 2000-2001 Tallahassee Tiger Sharks ECHL 2001-2002 Columbus Cottonmouths ECHL 2003-2004 Columbus Cottonmouths ECHL 2004-2006 Greenville Grrrowl ECHL 2006-2013 Stockton Thunder ECHL 2015-2017 Norfolk Admirals ECHL

Personalidades Xogadores Equipo actual Esta sección presenta o equipo de xogadores dos Edmonton Oilers. Este efectivo pode variar ao longo da tempada en función das lesións e os reforzos procedentes dos equipos afiliados a Edmonton: os Bakersfield Condors da American Hockey League e os Norfolk Admirals da ECHL.

Capitáns Dende a súa primeira tempada na NHL, o equipo dos Oilers tivo dezaxete capitáns. O primeiro capitán da historia da franquía foi nomeado na tempada 1972-73, cando o equipo comezou a competir na WHA, e foi Al Hamilton, que ocupou o posto durante catro tempadas. O actual capitán do equipo é o defensa de Edmonton Andrew Ference, que foi nomeado o 29 de setembro de 2013 tras chegar ao equipo procedente dos Boston Bruins. Agás os estadounidenses Lee Fogolin e Doug Weight, todos os capitáns da historia dos Oilers naceron no Canadá. Os diferentes xogadores que teñen sido capitáns do equipo ao longo da súa historia foron:

Capitáns dos Edmonton Oilers Nome(s) Período Al Hamilton 1972–76 Glen Sather 1976–77 Paul Shmyr 1977–79 Ron Chipperfield 1979–80 Blair MacDonald 1980–81 Lee Fogolin 1980–83 Wayne Gretzky 1983–88 Mark Messier 1988–91 Kevin Lowe 1991–92 Craig MacTavish 1992–94 Shayne Corson 1994-95 Kelly Buchberger 1995–99 Doug Weight 1999–2001 Jason Smith 2001–07 Ethan Moreau 2007–10 Shawn Horcoff 2010–13 Andrew Ference 2013–15 Connor McDavid 2016-presente

Eleccións na primeira rolda do draft

Cada ano dende 1963, os xogadores das ligas menores teñen a posibilidade de asinar contratos coas franquías da NHL. Esta sección presenta os xogadores que foron elixidos polos Oilers na primeira rolda do draft. Estas eleccións poden ser intercambiadas, polo que un ano, os Oilers ben poden non ter escollido na primeira rolda ou, pola contra, poden ter escollido a máis dun xogador. Os Oilers escolleron en primeira posición en catro ocasións (2010, 2011, 2012 e 2015). A continuación móstranse as eleccións na primeira rolda do draft da NHL dos Edmonton Oilers: