Saúl Fernández García, nado en Oviedo e criado en Trevías (Asturias) o 9 de abril de 1985, é un exfutbolista español. Xogaba de centrocampista.
Traxectoria Saído dun club humilde como é o Club Deportivo Treviense, club da súa vila, debutou co Sporting de Gijón B en 2003, onde tras 2 tempadas, decidiu marchar ao Málaga CF e dar o salto a Segunda División. Durante as súas dúas tempadas en Málaga, alternou aparicións co primeiro equipo e co filial, chegando a debutar en Primeira División, situación que se repetiu durante a súa etapa no Levante UD. No verán de 2008 asinou polo Elche CF, onde se consolidou como titular.
No verán de 2010 fichou polo Deportivo da Coruña, tras acabar o seu contrato co Elche.
O 31 de xaneiro de 2013 rescindiu o seu contrato co Deportivo e firmou pola SD Ponferradina."Saúl y Bodipo rescinden sus contratos con el Deportivo"
O 22 de abril de 2014, logo de ter sufrido lesións graves en ambos nocellos que non lle permitiron debutar en toda a tempada, e ser operado varias veces, anunciou a súa retirada do fútbol profesional.
Palmarés Deportivo Segunda División: 2011–12
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Perfil do xogador en futbolme.com
Categoría:Nados en 1985 Categoría:Nados en Oviedo Categoría:Futbolistas de Asturias Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Sporting de Gijón B Categoría:Xogadores do Atlético Malagueño Categoría:Xogadores do Málaga CF Categoría:Xogadores do Levante UD B Categoría:Xogadores do Levante UD Categoría:Xogadores do Elche CF Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores da SD Ponferradina