Trompe le Monde é o cuarto e derradeiro álbum da banda estadounidense de rock alternativo Pixies, editado o 23 de setembro de 1991 a través do selo 4AD no Reino Unido e de Elektra Records nos Estados Unidos. Despois do "surf-pop" de Bossanova neste álbum a banda recupera o son abrasivo dos seus primeiros discos.
O álbum acadou o posto 92 na lista Billboard 200 o 26 de outubro de 1991Listas Billboard, e no ano 2003 foi posto no número 83 na lista dos 100 mellores álbums elaborada pola publicación Pitchfork Media.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Pixies Categoría:Álbums musicais de 1991 Categoría:Álbums producidos por Gil Norton Categoría:Álbums de 4AD