Eric Nathaniel Coleman, nado o 8 de agosto de 1985 en Owensboro, Kentucky, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que actualmente xoga para o BC Hoverla da Superliga de Baloncesto de Ucraína. Cunha estatura de 2,00 metros xoga na posición de pivote. Foi nomeado MVP da Liga LEB da tempada 2010. Xogou na selección estadounidense que participou e gañou no World University 07 de Bangkok.
Traxectoria High Scholl de Maplewood. Estados Unidos. Northern Iowa Panthers. NCAA. (2004-2008) SKS Starogard Gdański. Polonia. (2008-2009) Breogán de Lugo. LEB. (2009-2010) BC Hoverla. ЧУб. (dende 2010)
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil na web oficial do Breogán Perfil na web oficial da FEB
Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Xogadores do Oliveirense Basquetebol Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Kentucky Categoría:Nados en 1985