Manfred Eigen, nado en Bochum (Renania do Norte-Westfalia) o 9 de maio de 1927 e finado o 6 de febreiro de 2019, foi un físico e químico alemán galardoado co Premio Nobel de Química en 1967.
Traxectoria En 1945 iniciou os seus estudos de física e química na Universidade de Gotinga, onde se doutorou en 1951. Actualmente é membro da Academia de Ciencias Francesa.
Investigación científica O 1953 ingresou no Instituto Max Planck e iniciou os seus traballos de cinética química, desenvolvendo o seu método do salto de temperatura para alterar os equilibrios químicos, e que consiste nun rápido arrequecemento da mostra mediante a descarga dun condensador.
En 1967 foi galardoado, xunto cos ingleses Ronald George Wreyford Norrish e George Porter, co Premio Nobel de Química polas súas investigacións sobre as reaccións químicas rápidas, causadas por destrución do equilibrio químico provocado por un rápido impulso enerxético.
Véxase tamén Outros artigos Premio Nobel de Química
Ligazóns externas Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1967 . Biografía na páxina do Instituto Nobel 1967
Categoría:Físicos de Alemaña Categoría:Químicos de Alemaña Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:Nados en 1927 Categoría:Finados en 2019 Categoría:Nados en Bochum Categoría:Alumnos da Universidade de Gotinga Categoría:Membros da Academia Austríaca de Ciencias Categoría:Premios Nobel de Alemaña