miniatura|Covas de Zhoukoudian Zhoukoudian ou Choukoutien (周口店) é un sistema de covas no distrito suburbano de Fangshan, Beijing, China. Nelas fixéronse moitos descubrimentos arqueolóxicos, entre os que destaca unha das primeiras especies de homo erectus, o Home de Pequín, e os restos de ósos da hiena xigante "Pachycrocuta brevirostris".

As datas de cando o home de Pequín habitou este sitio varían moito: desde hace 700.000 a 200.000 anos atrás,"UNESCO World Heritage Site: Peking Man Site at Zhoukoudian" http://whc.unesco.org/en/list/449 retrieved 12/15/2013 de 670.000 a 470,000 anos atrásClimatic cycles investigated by sediment analysis in Peking Man’s Cave, Zhoukoudian, China., Zhou, C., Lui, Z., Wang, Y.; Journal of Archaeological Science 27, 2000, pp 101-109 e de non hai máis de 530.000 anos.Encyclopedia of Prehistory: Volume 3: East Asia and Oceania, Chuan Kun Ho; Human Relations Area Files, Inc., 2001, p 352

O sitio do home de Pequín descubriuno Johan Gunnar Andersson en 1921 escavouno por primeira vez Otto Zdansky en 1921 e 1923 desenterrando dous dentes humanos. Estas foron máis tarde identificados por Davidson Black como pertencente a unha especie previamente descoñecida e seguiron extensas escavacións. Descubríronse restos parciais de 45 individuos e máis de 100.000 obxectos.

Os restos de animais máis antigos datan de fai 690.000 anos e ferramentas desde hai 670.000 anos.“Middle Pleistocene climate and habitat change at Zhoukoudian, China, from the carbon and oxygen isotopic record from herbivore tooth enamel”, Gaboardia, Deng and Wang, Quaternary Research 63, 2005, p 331 mentres que outra autoridade data as ferramentas atopadas a partir de hai máis de 530.000 anos. Durante o Paleolítico Superior, o sitio reocupouse e restos de Homo sapiens e as súas ferramentas de pedra e óso tamén foron recuperadas da cova superior.

As covas están localizadas no distrito de Fangshan, ao suroeste do centro de Pequín.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas The Peking Man World Heritage Site at Zhoukoudian Zhoukoudian Tourism Guide Weidenreich, Franz. 1943. The Skull of Sinanthropus pekinensis; A Comparative Study on a Primitive Hominid Skull

Categoría:Xeografía da China Categoría:Sitios arqueolóxicos da China Categoría:Patrimonio da Humanidade na China