O Cabo Gracias a Dios é un cabo de América Central na costa do mar Caribe, entre Honduras e Nicaragua, na desembocadura do río Coco, que constitúe a fronteira entre ambos países. Nicaragua ten forma de triángulo isóscele que apunta cara ao nordeste, sendo este cabo dito vértice, á vez que é o extremo oriental de Honduras.

Foi chamado así por Cristovo Colón, o primeiro europeo en visitalo, o 12 de setembro de 1502.

Véxase tamén Outros artigos Departamento de Gracias a Dios, en Honduras

Gracias a Dios Gracias a Dios Categoría:Cabos de América Central Categoría:Cabos ao Mar Caribe