Yoro é un dos 18 departamentos nos que se divide a República de Honduras, localizado no centro-norte desta. A capital departamental é Yoro. Ten unha superficie de 7.939 km² e, no 2005, tiña unha poboación estimada de 503.886 habitantes.
Limita polo norte co departamento de Atlántida, polo sur limita cos departamentos de Comayagua e Francisco Morazán, polo leste cos departamentos de Olancho e Colón e polo oeste co departamento de Cortés.
Municipios
Arenal El Negrito El Progreso Jocón Morazán Olanchito Santa Rita Sulaco Victoria Yorito Yoro
Yoro