George Wilfard Singleton Jr., coñecido como George Singleton, nado o 9 de xullo de 1961 en Kershaw, Carolina do Sur, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense. Formado na universidade de Furman xogou na LEGA, na HEBA e na ACB. Cunha altura de 2,02 metros destacou por ser un dos mellores taponadores da historia da ACB.

Cómpre destacar que é un dos poucos xogadores que conseguiu unha tripla-dobre na liga ACB, facendo o 12 de febreiro de 1994 23 puntos, 12 rebotes e 10 tapóns, nunha vitoria por 84 a 82 do TDK Manresa sobre o Taugrés. Está tamén considerado como un dos mellores "matadores" da historia da ACB.Os 50 mellores matadores

Traxectoria 20px|border|Estados Unidos Furman University. NCAA. 20px|border|ACB Fórum Valladolid (1984-1986). ACB. 20px|border|LEGA Spondilatte Cremona (1986-1987). LEGA. 20px|border|LEGA Jollycolombani Forli (1987-1988). LEGA. 20px|border|LEGA Annabella Pavia (1988-1989). LEGA. 20px|border|ACB DYC Breogán (1989–1990). ACB. 20px|border|ACB TDK Manresa (1990-1994). ACB. 20px|border|HEBA Peristeri (1994). HEBA.

Logros Máximo reboteador da historia do Bàsquet Manresa (1.131). Máximo taponador da historia do Bàsquet Manresa (331). Terceiro máximo taponador da historia do Club Baloncesto Breogán (87). Terceiro máximo taponador da historia do Club Baloncesto Valladolid (170). Máximo rexistro de tapóns nun só encontro da historia do Bàsquet Manresa (10). Máximo rexistro de tapóns nun só encontro da historia do Club Baloncesto Breogán (7).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en acb.com Ficha en legabasket.it

Categoría:Xogadores do CB Valladolid Categoría:Xogadores do Pallacanestro Pavia Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Xogadores do Bàsquet Manresa Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Nados en Carolina do Sur