miniatura|290px|dereita Ostrava é unha cidade do nordeste da República Checa, capital da rexión de Moravia-Silesia (Moravskoslezský kraj). En 2010 tiña 313.286 habitantes, uns 13.000 menos ca no 1994.

Características Sitúase preto da unión dos ríos Oder e Ostravice. Foi fundada a finais do século XIII polo bispo de Olomouc para defender a zona do ataque dos invasores procedentes do norte.

Está localizada na conca carbonífera de Ostrava-Karviná, e na actualidade é un importante punto do transporte de mercancías e o principal centro metalúrxico do país. Ten establecementos adicados á transformación do ferro e o aceiro e á manufactura de aliaxes de aluminio. Ten centrais eléctricas e talleres para a reparación de locomotoras, alén de factorías de produtos químicos, medicinas, gases sintéticos, plásticos, derivados do petróleo, materiais de construción, roupa, cerámica, mobles e produtos alimenticios. É a sede da escola estatal de minas e metalurxia, fundada en 1716.

Foi candidata a ser Capital Europea da Cultura no 2015, porén a finalmente elixida foi Plzeň.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web oficial .

Categoría:Cidades da República Checa