Pablo Antas Pereiro, nado en Monterroso o 15 de outubro de 1990, é un futbolista galego. Xoga de centrocampista e o seu club actual é o Compostela.

Traxectoria Xogou na SD Monterroso nas categorías cadete e xuvenil, ata que se incorporou ao Club Deportivo Lugo, no que xogou o seu terceiro ano de xuvenil, para militar logo no primeiro equipo en segunda B, co que debutou da man de Quique Setién na tempada 2010-11. Nas dúas seguintes tempadas xogou no Ordes e no Cerceda e en 2013 recalou na UD Somozas, con Michel Alonso de adestrador. Con este equipo participou do histórico ascenso á Segunda B na tempada 2013-14 tras ser campión de Terceira, marcando ademais 6 goles, catro deles na fase de ascenso e anotando dous goles na eliminatoria decisiva fronte ao Tenerife B. Xogou no Somozas catro tempadas e a continuación pasou polo Bergantiños e o Rápido de Bouzas, este último de Segunda B.

En xullo de 2019 foi fichado pola SD Compostela, da Terceira División. Despois de que a pandemia por coronavirus paralizase a competición o Compostela foi declarado campión ao ocupar neses momentos a primeira praza, polo que xogou a fase de ascenso. Pablo Antas anotou o gol decisivo na final disputada en Balaídos fronte ao Ourense CF, dándolle o ascenso ao club santiagués catro anos despois.

Palmarés Lugo Segunda División B (1): 2010/11. Somozas Terceira División (1): 2013/14. Bergantiños Terceira División (1): 2017/18. Compostela Terceira División (1): 2019/20.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador na páxina do CD Lugo Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en resultados-futbol.com Ficha do xogador en lapreferente.com

Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados en Monterroso Categoría:Futbolistas de Monterroso Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores da SDC Órdenes Categoría:Xogadores da UD Somozas Categoría:Xogadores do CCD Cerceda Categoría:Xogadores do Bergantiños FC Categoría:Xogadores da SD Compostela Categoría:Xogadores do Rápido de Bouzas