Jack St. Clair Kilby, nado o 8 de novembro de 1923 en Jefferson City (Missouri) e finado o 20 de xuño de 2005 en Dallas (Texas), foi un enxeñeiro eléctrico estadounidense cogalardoado co Premio Nobel de Física no ano 2000.
Traxectoria Diplomouse nas universidades de Illinois e de Wisconsin. Dende o 1958 traballou na compañía informática estadounidense Texas Instruments, onde desenvolveu o circuíto integrado en 1959. A investigación de Kilby levou á produción dos microprocesadores e facilitou as bases conceptuais e técnicas para o campo da microelectrónica.
Véxase tamén Ligazóns externas "Jack St. Clair Kilby: A Man of Few Words", biografía de Ed Millis. "Jack St. Clair Kilby", biografía de Texas Instruments.
Categoría:Premio Nobel de Física Categoría:Físicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Missouri Categoría:Nados en 1923 Categoría:Finados en 2005 Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América Categoría:Inventores dos Estados Unidos de América