Alberto Manuel Ramos Ríos, nado en Santiago de Compostela o 20 de febreiro de 1986, é un xornalista, narrador e dramaturgo galego.

Traxectoria Licenciado en Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu a súa profesión en Xornal de Galicia até o 2011, colaborando despois con medios como Luzes, Praza Pública e Sermos Galiza e traballando como freelance. Na Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) é o encargado de comunicación dos Premios María Casares. No ano 2023 viuse envolto nunha polémica nas redes sociais con Francisco Castro Veloso logo da publicación dunha entrevista de Montse Dopico en Praza.gal sobre a súa novela Os corpos dos Romanov.

Obra Narrativa Dor pantasma (2006). A Coruña: Biblos Clube de Lectores. Foi traducida o castelán. 176 páxs. ISBN 978-84-935062-5-4. Con acuse de recibo (2010). A Coruña: Biblos Clube. 112 páxs. ISBN 9788493732394. Todos os días (2013). Sotelo Blanco. 270 páxs. ISBN 978-84-7824-630-4. Máscaras rotas para Sebastian Nell (2014). Vigo: Galaxia. 404 páxs. ISBN 978-98-9865-569-8. A simetría das bestas (2018). Santiago: Urco. 174 páxs. ISBN 978-8494875519. Os corpos dos Romanov (2022). Vigo: Galaxia. 164 páxs. ISBN 978-84-9151-953-9. Pirotecnia (2024). Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-1176-348-6.

Ensaio Carvalho Calero fronte ao espello da memoria (2020). Auga. 48 páxs. ISBN 978-84-129597-4-8.

Teatro

Conxo, non restraint (2025). Cuarto de Inverno. 120 páxs. ISBN 979-1399013801.

Obras colectivas Sete de Biblos (2012) Biblos Clube.

Premios II edición do premio Biblos-Pazos de Galicia no 2006, por Dor pantasma. Premio de novela por entregas de La Voz de Galicia, no 2009, por Acuse de recibo. Premio Vicente Risco de Creación Literaria no 2012, por Todos os días. Premio García Barros no 2014, por Máscaras rotas para Sebastian Nell. Premio Vicente Risco de Creación Literaria no 2017, por A simetría das bestas. XVI edición do Premio Narrativa Breve Repsol en Lingua Galega no 2022, por Os Corpos dos Romanov . XXI Premio Rafael Dieste de Textos Teatrais da Deputación da Coruña en 2023, por Conxo, non restraint, que xira arredor da violencia psiquiátrica no Hospital de Conxo.

XIX Premio Abrente de Textos Teatrais en 2024 por Os servizos prestados. XVIII Edición do Premio Narrativa Breve Repsol en lingua galega no 2024 por Pirotecnia. XXI Premio Abrente de Textos Teatrais pola obra Por unanimidade.

Notas

Categoría:Xornalistas de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1986 Categoría:Gañadores do Premio García Barros