A Rata é un lugar da parroquia de Taboexa, no concello pontevedrés das Neves.
Conta cun Centro de Interpretación do Patrimonio, orientado á investigación, conservación, divulgación e posta en valor do contorno, e que acolle unha exposición permanente dos bens patrimoniais de maior relevancia de Taboexa, como son capelas, fontes, cruceiros, muíños, reloxos de sol, petos de ánimas, petróglifos e restos atopados no castro de Altamira.
Lugares e parroquias Lugares de Taboexa
Parroquias das Neves
Notas
Categoría:Lugares das Neves