Alfonso Martínez Gómez, nado o 24 de xaneiro de 1937 en Zaragoza (Aragón) e finado o 17 de abril de 2011 en Barcelona (Cataluña) aos 74 anos, foi un ex xogador profesional de baloncesto internacional español. Cunha altura de 1,94 metros xogaba na posición de pivote. Contaba cunha forte personalidade e unha gran capacidade tanto anotadora como reboteadora, sendo considerado un dos mellores baloncestistas de España da súa época.
Traxectoria Formado no baloncesto catalán, desenvolveu unha longa carreira baloncestística, tamén case sempre dentro de clubs cataláns, repleta de éxitos ao longo das dezanove tempadas consecutivas que xogou na Liga española; feito que supón un rexistro histórico e só superado por Joan Creus.
Alfonso Martínez xogou nos mellores equipos de España, e sempre acompañado de éxito. Ao longo da súa carreira gañou catro Ligas españolas, sendo ademais no único xogador que o conseguiu con tres equipos distintos, o FC Barcelona, o Real Madrid e o Club Joventut de Badalona. Este feito repítese coa Copas do Rei, gañando catro e tamén sendo o único en facelo con catro equipos diferentes, o FC Barcelona, o Real Madrid e o Club Joventut de Badalona e Picadero. Tamén xogou entre outros equipos históricos no Breogán de Lugo.
A nivel persoal, foi tres veces o máximo anotador da Liga (1957, 1958 e 1967. Tamén foi na súa época titular indiscutible coa selección de baloncesto de España, non en van disputou un total de 146 partidos internacionais, participando nos Xogos Olímpicos de 1960 en Roma e nos de México 1968, no Mundial de Chile de 1966 e en cinco Europeos: 1959, 1961, 1963, 1967 e 1969, sendo o máximo reboteador no de 1967. Unha vez retirado como xogador en activo adestrou ao Club Baloncesto Valladolid e ao Bàsquet Manresa.
Equipos 20px|border|España FC Barcelona (1953–1955). 20px|border|España Aismalíbar (1955–1956). 20px|border|España Real Madrid (1956–1958). 20px|border|España FC Barcelona (1958–1961). 20px|border|España Joventut (1961–1962). 20px|border|España Picadero (1962–1966). 20px|border|España Joventut (1966–1972). 20px|border|España Mataró (1972–1975). 20px|border|Galicia Breogán Lugo (1975–1976).
Títulos Club 4× Ligas España (1957, 1958, 1959, 1967). 4× Copas do Rei (1957, 1959, 1964, 1969).
Individual 4× Ligas España (1957, 1958, 1959, 1967). 4× Copas do Rei (1957, 1959, 1964, 1969). 3× Máximo anotador de Primeira (ACB). 1957 (18,0). 1958 (17,2). 1967 (22,1). 1× Máximo reboteador do EuroBasket 1967 coa Selección de baloncesto de España. 146 veces internacional coa Selección de baloncesto de España.
Véxase tamén Ligazóns externas Reportaxe sobre Alfonso Martínez
Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores da selección de baloncesto de España Categoría:Adestradores de baloncesto de España Categoría:Nados en 1937 Categoría:Nados en Zaragoza Categoría:Finados en 2011 Categoría:Xogadores do FC Barcelona Bàsquet Categoría:Xogadores do CB Aismalíbar Categoría:Xogadores do Real Madrid Baloncesto Categoría:Xogadores do Joventut Badalona Categoría:Xogadores do Picadero JC Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos de España Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 1960 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 1968