Ronald George Wreyford Norrish nado ou 9 de novembro de 1897 en Cambridge (Inglaterra) e finado o 7 de xuño de 1978 na súa residencia de Cambridge, foi un químico e profesor universitario inglés galardoado co Premio Nobel de Química en 1967.
Biografía
Naceu na cidade de Cambridge, situada no condado de Cambridgeshire. Estudou química na Universidade de Cambridge, onde se doutorou en 1925. En 1930 foi nomeado profesor de química na mesma universidade, da cal pasou a ser catedrático en 1935, cargo que ocupou ata a súa xubilación en 1963.
Membro da Royal Society de Londres desde 1936.
Investigación científica
Iniciou a súa procura científica ao redor da fotoquímica e a cinética química, realizando estudos conxuntos con George Porter, e concretamente nas comunicacións ultrasónicas e as reaccións químicas rápidas, a fabricación de acumuladores de enerxía eléctrica para automóbilé e a estrutura molecular de certos plásticos.
En 1967 foi galardoado, xunto co seu colaborador Porter e o alemán Manfred Eigen, co Premio Nobel de Química polas súas investigacións sobre as reaccións químicas rápidas, causadas por destrución do equilibrio químico provocado por un rápido impulso enerxético.
Véxase tamén Premio Nobel de Química Ligazóns externas Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1967 Biografía na páxina do Instituto Nobel 1967
Categoría:Químicos do Reino Unido Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:Medalla Davy Categoría:Nados en Cambridge Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1978 Categoría:Premios Nobel do Reino Unido Categoría:Alumnos da Universidade de Cambridge Categoría:Membros da Royal Society