é a designación provisional dun obxecto de po que foi visto orbitando Saturno, moi pechado ó anel F. Non está moi claro se é unha sinxela compactación transitoria de po, ou se é unha lúa pastor cun núcleo sólido.

Foi visto por primeira vez a través das imaxes da sonda Cassini o 28 de outubro do 2004 e o seu descubrimento foi anunciado o 8 de novembro dese mesmo ano.IAUC 8432: Satellites and Rings of Saturn 8 de novembro do 2004 (reclamación da recuperación de S/2004 S 3 o 17 de outubro do 2004, en conflito máis tarde (2006) con Spitale e o seu equipo.) Semella se-lo obxecto mellor perseguido nesta rexión con 5 posibles 'avistamentos' dende finais do 2005. En comparación , dous obxectos na veciñanza do anel F ( e ) que foron vistos varios meses antes non puideron ser 'recuperados'. Segue sen estar claro se este obxecto ten un núcleo sólido ou é unha simple acumulación de temporal de material que de disipara nunha escala de anos ou meses. E máis, unha secuencia de 'recuperación' dun período orbital completo feita o 15 de novembro do 2004 (só un pouco máis tarde do descubrimento de ) cunha resolución de 4 kms, non foi capaz de 'recuperar' este obxecto, pero o obxecto volvería a ser observado máis tarde. As condicións lumínicas en parte da órbita de foron diferentes durante estas observacións, xa que foron feitas cando esta rexión estaba baixo unha forte iluminación. Suxírese que o obxecto non foi atopado en novembro debido que este obxecto é moito máis brillante baixo unha luz difusa (as condicións do seu descubrimento), e ó pequeno do seu núcleo (se é que o ten).

foi visto tanto no interior coma no exterior do anel principal F, e a súa orbita debe cruzalo. Coidadosos cálculos amosan que este obxecto periodicamente suca o material do anel, internándose ata 1,5 km na parte máis densa (ex. o 9 de abril do 2005). Suxeriuse que a estrutura en espiral que aparece no material difuso que rodea o anel F, é consecuencia deste fenómeno. O halo de po visto nas imaxes é medible, e anda polo 2000 kms de longo. O obxecto sólido (se o é), non tería máis de 3−5 kms de diámetro (baseado no brillo). No 2008 atopouse outra evidencia, precisase un obxecto coma S/2004 S 6 ou semellante para explica-las dinámicas do anel F."The determination of the structure of Saturn's F ring by nearby moonlets" Carl D. Murray, Kevin Beurle, Nicholas J. Cooper, Michael W. Evans, Gareth A. Williams & Sébastien Charnoz. Nature, 5 de xuño do 2008.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Saturno.

Categoría:Lúas de Saturno