César Bravo Gil, nado o 14 de maio de 1981 en Barcelona, é un ex xogador de baloncesto profesional catalán. Mide 2,00 metros, pesa 105 kg e xogaba na posición de ala.
Traxectoria Formouse como xogador de baloncesto nas categorías inferiores do FC Barcelona, onde durante varias tempadas estivo a alternar o equipo vinculado da EBA co de ACB. Durante a súa etapa como barcelonista conseguiu os títulos máis importantes que adornan o seu palmarés: un campionato da liga ACB, unha Copa do Rei e un campionato da Euroliga, todos eles logrados durante a tempada tempada 2002-03, aínda que a súa achega á consecución dos mesmos foi moi reducida polos poucos minutos dos que gozou.
Na tempada 2003-04 tras disputar un único partido co FC Barcelona, ficha polo Leite Río Breogán tamén da ACB, co que disputa un total de 12 partidos en toda a tempada. Na tempada 2004-05 ficha por outro equipo ACB, o Ricoh Manresa, onde a súa achega tampouco é moi destacada finalizando con 24 partidos xogados e unha media de 2,5 puntos e 1,75 rebotes por encontro.
A tempada seguinte decide fichar polo Club Baloncesto Ciudad de Huelva da liga LEB onde permanece dúas tempadas. A primeira delas pasouna en branco por unha fractura no tendón de aquiles e na segunda acaba relegado moitos minutos ao banco polo que na tempada 2007-08 decide asinar por un conxunto dunha categoría inferior e ficha polo Qalat Cajasol da LEB de Prata.
O seu bo facer no equipo andaluz serviulle durante a pretemporada 2008-09 para asinar un contrato de proba por un mes co Cáceres 2016 Basket de LEB Ouro, que prorrogou dous meses máis ao seu vencimiento polo que iniciou a tempada como membro do persoal do conxunto estremeño que abandonaría tras a disputa da oitava xornada da tempada regular xa que o Cáceres 2016 decidiu non renovarlle o seu contrato temporal.Cáceres 2016 corta a Cesar Bravo Ese mesmo ano asina co Cornellà da LEB Prata, continuando ao ano seguinte co equipo, esta vez na LEB Ouro. En 2010 pasaría a xogar co Prat de LEB Prata, para regresar na campaña 2011-12 á LEB Ouro da man do Menorca Bàsquet.
Clubs 20px|border|EBA/ACB FC Barcelona (1999-2003) 20px|border|ACB Breogán (2003–2004) 20px|border|ACB Ricoh Manresa (2004-2005) 20px|border|LEB Ciudad de Huelva (2005–2007) 20px|border|LEB Prata Qalat Cajasol (2007–2008) 20px|border|Primeira Dvisión Masculina Cáceres (2008) 20px|border|LEB Cornellà (2008-2010) 20px|border|LEB Prata CB Prat (2010-2011) 20px|border|LEB Menorca Bàsquet (2010-2012)
Palmarés Unha Euroliga (2003) Unha Liga ACB (2003) Unha Copa do Rei (2003)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha ACB de César Bravo
Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto de Cataluña Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores do FC Barcelona Bàsquet Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Xogadores do Bàsquet Manresa Categoría:Xogadores do CB Ciudad de Huelva Categoría:Xogadores do CB Sevilla Categoría:Xogadores do Cáceres Ciudad del Baloncesto Categoría:Xogadores do CB Cornellà Categoría:Xogadores do CB Prat Categoría:Xogadores do Menorca Bàsquet