miniatura|dereita|200px|Xustiniano I miniatura|300px|Mapa do Imperio Romano de Oriente en 550. En verde as conquistas durante o reinado de Xustiniano I Recuperatio Imperii é un programa militar ideado polo Emperador romano de oriente Xustiniano I co fin de recuperar os territorios que conformaran antigamente o Imperio Romano de Occidente e que agora estaban baixo o poder dos bárbaros. A reunificación do Imperio romano era unha idea popular naqueles tempos, xa que é unha formulación que responde aos sentimentos estendidos entre amplas capas da poboación de Occidente (sobre todo entre o elemento senatorial urbano e sectores vinculados coa administración) e en parte do goberno do Imperio oriental, que intelectualmente xoga coa continuidade imperial en Occidente; de feito, o sentimento de romanitas encóntrase - no século VI - amplamente estendido por todo o Imperio e é correspondido pola ideoloxía oficial do goberno imperial - segundo a cal este non se afundiu en Occidente senón que os bárbaros gobernan alí en nome do Emperador de Oriente - e por parte da intelligentia de Constantinopla (por exemplo, é o caso do escritor Xoán Lido, contemporáneo de Xustiniano).

Estes sentimentos son aproveitados pola administración de Xustiniano I para realizar, precisamente, unha política en consonancia con eles (fose sincera ou interesada). Este programa foi dirixido polo brillante militar Belisario, e conseguiu recuperar o norte de África, o sur da Península Ibérica e a práctica totalidade de Italia. Nas tres invasións de conquista do programa o Imperio usou sempre a escusa de que os seus intereses na rexión foran violados (case sempre co destronamento ou morte dun rei favorábel ao Imperio) para así efectuar a invasión e posterior conquista.

Porén, o Imperio romano de Oriente quedou debilitado para os retos do futuro e ademais, a facenda bizantina quedou baleira tras os monumentais gastos de Xustiniano para as súas campañas de conquista en Occidente e as súas grandes construcións arquitectónicas, como a igrexa de Santa Sofía. Os seus sucesores non poderían afrontar o reto de dirixir un Imperio atacado en todas as frontes e terminarían por perder gran parte das conquistas de Xustiniano I, e peor aínda, perderen Siria, Palestina e Exipto, que constituían gran parte do Imperio bizantino, a mans dos otománs.

Conceptos similares

Renovatio imperii (nome co que tamén se coñece ao programa de Xustiniano). Restauratio imperii (nome co que se adoita designar ao Imperio Carolinxio ou ao Sacro Imperio Romano Xermánico dos Otónidas). Translatio imperii (concepto utilizado para xustificar ao Imperio fronte ao Pontificado na loita entre ambos os dous poderes universais).

Ligazóns externas La insurrección de la Nika'', por Jorge Romero Gil.

Categoría:Bizancio