O Comité Internacional de Hóckey a Patíns ou CIRH (en francés Comité International de Rink Hockey) é o órgano de goberno específico do hóckey a patíns da Fédération Internationale de Roller Sports. Este organismo foi creado en 1976.
En Europa, o Comité Europeo de Hóckey a patíns (CERH) é quen organiza e regula as competicións, facendo as funcións do CIRH a nivel continental.
Membros Os cinco membros actuais do CIRH son dende 2008 http://www.inf.fh-dortmund.de/rollhockey/members.html:
Harro Strucksberg (Presidente). Francesco Rossi (Vicepresidente). Armando Quintanilla. Bill Sisson. Enrique Javier Rodríguez Bermúdez.
Competicións O CIRH organiza as competicións entre clubs e entre seleccións nacionais a nivel mundial http://www.inf.fh-dortmund.de/rollhockey/world_championships.html.
Seleccións nacionais: Os campionatos do mundo masculinos A e B. O campionato do mundo feminino. O campionato do mundo júnior. Clubs: O mundial de clubs.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Site oficial CIRH Antigo Site oficial
Categoría:Organismos internacionais de hóckey a patíns