Noureddine Morceli, nado o 28 de febreiro de 1970 en Tenes (Chlef), é un mediofondista alxerino que foi campión olímpico dos 1500 metros en Atlanta 96, e plusmarquista mundial en varias especialidades.
Traxectoria Foi un dos atletas máis destacados na proba dos 1.500 metros lisos na década dos noventa. Tres veces campión do mundo na distancia (Tokyo 1991, Stuttgart 1993 e Gotemburgo 1995). Tamén foi campión olímpico nos xogos de 1996.
Morceli bateu o récord do mundo da gran maioría de probas do medio fondo durante a súa carreira: En 1991, récord do mundo en pista cuberta nos 1.500 m en Sevilla, cun tempo de 3:34.16. En 1992, récord do mundo de 1.500 m en Rieti (Lacio), cun tempo de 3:28.86. En 1993, récord do mundo na milla en Rieti, cun tempo de 3:44.39. En 1994, récord do mundo de 3.000 m en Mónaco, cun tempo de 7:25.11. En 1995, récord do mundo nos 2.000 m en París, cun tempo de 4:47.88. En 1995, récord do mundo de 1.500 m en Niza, cun tempo de 3:27.37.
A aparición na escena do marroquí Hicham El Guerrouj foi eclipsando o papel de Morceli nos últimos anos da década. No campionato do Mundo de Atenas 1997 foi cuarto. A súa última aparición internacional foi nos Xogos Olímpicos de Sydney 2000.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na páxina da International Association of Athletics Federations .
Categoría:Nados en 1970 Categoría:Nados en Chlef Categoría:Mediofondistas Categoría:Atletas olímpicos de Alxeria Categoría:Medallistas olímpicos en atletismo Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Alxeria Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1996 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 1992 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 1996 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2000