Timor Leste está dividido en 14 municipios, coñecidos anteriormente coma distritos, dos que un deles é tamén unha Rexión Administrativa Especial. Os municipios divídense en postos administrativos (antigos subdistritos), e posteriormente subdivídense en sucos ("aldeas").

A división xeográfica dos diferentes municipios correspóndese coa antiga organización territorial en concellos no Timor Portugués.

O municipio máis poboado é Díli, con 173.541 habitantes. Oe-Cusse Ambeno é, ademais de municipio, unha Rexión Administrativa Especial dado que constitúe un exclave con respecto ao estado de Timor Leste.

Municipios

Notas

Véxase tamén Outros artigos Concello Freguesía

Categoría:Timor Leste