Martin Gardner, nado en Tulsa, Oklahoma, o 21 de outubro de 1914 e finado en Norman, Oklahoma, o 22 de maio de 2010, foi un divulgador científico, polímata, ilusionista e filósofo da ciencia estadounidense, moi popular polos seus libros de matemática recreativa. O día do seu nacemento, o 21 de outubro, celébrase o Día de Martin Gardner.

Traxectoria Acadou sona grazas á súa columna mensual Mathematical games, publicada na revista de divulgación científica Scientific American entre decembro de 1956 e maio de 1986. Ao corrers* deses trinta anos tratou os temas máis importantes e os paradoxos das matemáticas modernas, como os algoritmos xenéticos de John Holland ou o xogo da vida de John Conway, co que gañou un lugar no mundo da matemática mercé á evidente calidade divulgativa dos seus escritos. Obras Obra escrita publicada e contribucións Ademais das súas colaboracións na revista Scientific American, Gardner escribiu máis de 70 libros que abranguen unha ampla variedade de temas: puzzles, xogos lóxicos, pseudociencia, filosofía e, por suposto, matemáticas. O seu talento radicaba na súa capacidade para presentar conceptos complexos de maneira accesible e entretida para o público en xeral.

Unha das súas obras destacadas é The Annotated Alice, unha edición comentada das famosas historias Alicia no país das marabillas e Through the Looking-Glass de Lewis Carroll. Neste libro, Gardner proporciona notas ao pé de páxina que iluminan as referencias matemáticas, lóxicas e culturais contidas nos textos de Carroll. As súas anotacións axudan ao lector a apreciar a profundidade e o xenio das obras de Carroll, revelando moitas das súas sutís bromas e enigmas. A obra foi reeditada e ampliada, e traducida a numerosas linguas, entre elas o portugués.

Gardner tamén destacou na súa crítica á pseudociencia. Confrontou abertamente crenzas non científicas e enganos populares, defendendo o pensamento crítico e o método científico.

A súa influencia inspirou a creación do Movemento Skeptic nos Estados Unidos, que promove a educación científica.

Libros orixinais publicados Match-ic (1936), Ilus. de Nelson C. Hahne;Ireland Magic Company. Here's New Magic: An Array of New and Original Magic Secrets (1937) "de Joe Berg" [en realidade escritopor Gardner], Ilus. de Nelson C. Hahne; Chicago: Privately printed. 12 Tricks with a Borrowed Deck (1940), Ireland Magic Company, illust. de Harlan Tarbell, intro. de Paul Rosini. After the Dessert (1941), Max Holden, ilust. de Nelson Hahne. Cut the Cards (1942), Max Holden, ilust. de Nelson Hahne. Over the Coffee Cups (1949), Tulsa: Montandon Magic, ilust. do autor (maxia vista de preto, incluíndo "trucos de mesa e gags") In the Name of Science: An Entertaining Survey of the High Priests and Cultists of Science, Past and Present (1952), G. P. Putnam's Sons Republicado (revisado e ampliado) como Fads and Fallacies in the Name of Science (1957), Mineola, Nova York: Dover Publications; . Mathematics, Magic, and Mystery (1956), Mineola, Nova York: Dover Publications, . Logic Machines and Diagrams (1958), McGraw-Hill: Nova York Republicado (1968) como Logic Machines, Diagrams, and Boolean Algebra; Dover Publications, Inc. 2ª edición (1983) como Logic Machines and Diagrams cunha introdución de Donald Michie, University of Chicago Press. Mathematical Puzzles (1961), Nova York: Thomas Y. Crowell (Ilust. de Anthony Ravielli). Reimpreso con correccións en 1986 como Entertaining Mathematical Puzzles, Dover; . Relativity for the Million (1962); Nova York: MacMillan Company (Ilust. de Anthony Ravielli). Revisado/posto ao día en 1976 como The Relativity Explosion Nova York: Vintage Books, . Revisado/ampliado en 1997 como Relativity Simply Explained, Nova York: Dover; . The Ambidextrous Universe: Mirror Asymmetry and Time-Reversed Worlds (1964) 2ª edición, 1969. 3ª edición, 1990 como The New Ambidextrous Universe: Symmetry and Asymmetry from Mirror Reflections to Superstrings; W.H. Freeman & Company. 3ª edición, revisada, 2005, Dover; . Never Make Fun of a Turtle, My Son (1969), Simon & Schuster (poemas; ilust. de John Alcorn) The Flight of Peter Fromm (1973), Los Altos, California: William Kaufmann, Inc. Prometheus Books (novela). Confessions of a Psychic: The Secret Notebooks of Uriah Fuller (1975), Teaneck, Nova Jersey: Karl Fulves. Aha! Insight (1978), W.H. Freeman & Company; Further Confessions of a Psychic: The Secret Notebooks of Uriah Fuller (1980), Teaneck, Novaw Jersey: Karl Fulves; 70 pp. Aha! Gotcha: Paradoxes to Puzzle and Delight (1982), (Serie: Tools for Transformation); W.H. Freeman & Company; The Whys of a Philosophical Scrivener (1983; edición revisada de 1999 de St. Martin's Griffin; .) Baffling Brainteasers (1983); Davis Publications. The Wreck of the Titanic Foretold? (1986) Edición revisada de 1998, Prometheus Books. How Not to Test a Psychic: Ten Years of Remarkable Experiments with Renowned Clairvoyant Pavel Stepanek (1989), Prometheus Books The Healing Revelations of Mary Baker Eddy (1993), Prometheus Books My Best Mathematical and Logic Puzzles (1994), Dover; . A Die of Another Color (1995); Karl Fulves (Ilust. de Joseph K. Schmidt). Urantia: The Great Cult Mystery (1995), Prometheus Books; The Universe in a Handkerchief: Lewis Carroll's Mathematical Recreations, Games, Puzzles, and Word Plays (1996), Springer-Verlag Match Magic: More Than Seventy Impromptu Tricks With Matches (1998), Piccadilly Books. Visitors from Oz (1998), St. Martin's Press; (novela). The Colossal Book of Wordplay (2010), con Ken Jennings. Undiluted Hocus-Pocus: The Autobiography of Martin Gardner (2014); Princeton University Press

Véxase tamén

Escepticismo Matemáticas e arte Matemáticas recreativas Polímata

Categoría:Matemáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Oklahoma Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 2010 Categoría:Filósofos dos Estados Unidos de América Categoría:Matemáticas recreativas Categoría:Alumnos da Universidade de Chicago