Mutsu (むつ市, むつし, Mutsu-shi) é un concello xaponés da prefectura de Aomori. Está situado ó norte da rexión de Tōhoku e ó nordés da prefectura, na península de Shimokita, no norte da illa de Honshu. Ten 863,79 km² de superficie, unha poboación de 60.772 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 70,4 hab./km².

O concello de Mutsu limita cos concellos de Sai, Ōma, Kazamaura, Higashidōri e Yokohama.

Cidades irmandadas Aizuwakamatsu (1984). Port Angeles (1995).

Véxase tamén Lista de concellos do Xapón

Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Mutsu .

Categoría:Prefectura de Aomori Categoría:Concellos do Xapón