A atmosfera como unidade é a presión que exerce a atmosfera da Terra no nivel do mar, que é de 101 325 Pa. Emprégase para medir presións elevadas como a dos gases comprimidos. Esta unidade non pertence ao Sistema Internacional de Unidades e abréviase como atm. Este termo refírese ao valor da presión definida como presión normal.IUPAC Compendium of Chemical Terminology, Electronic version. Normal. Dispoñíbel en: <http://goldbook.iupac.org/N04211.html>. Acceso: 27 maio 2010.

Actualmente a IUPAC recomenda que o uso da presión de 101 325 Pa sexa abandonado, recomendando desde 1982, o uso da actual presión padrón, definida como unha presión de 105 Pa (100 000 Pa exactamente).IUPAC Compedium of Chemical Terminology, Electronic version. Standard Pressure. Dispoñíbel: <http://goldbook.iupac.org/S05921.html>. Acceso: 27 maio 2010.

Equivalencias 1 atm = 760 mmHg = 760 Torr 1 atm = 101 325 Pa 1 atm = 1,01325 bar 1 atm = 10,332274527999 m c.a. (metros de columna de auga) 1 atm = 14,69594877551 PSI

Notas

Véxase tamén

Presión atmosférica Metroloxía Sistema Internacional de Unidades Sistema Anglosaxón de Unidades Sistema ceguesimal

Categoría:Unidades de presión