Aleksandar "Saša" Đorđević (en serbio cirílico: Александар Ђорђевић Саша, transcrito habitualmente como Sasha Djordjevic), nado o 26 de agosto de 1967 en Belgrado, Iugoslavia (actual Serbia) é un ex xogador e adestrador profesional de baloncesto serbio. Está considerado un dos trinta e cinco mellores xogadores da historia da Euroliga. Cunha altura de 1,88 metros xogaba na posición de base. Actualmente traballa como adestrador do Fenerbahçe Beko.
Traxectoria Base titular da selección de baloncesto de Iugoslavia dos anos 1990, participou activamente na consecución de importantes éxitos internacionais como a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de 1996 de Atlanta, a medalla de ouro no Mundobasket de Grecia de 1998, e tres medallas de ouro en tres edicións do Eurobasket.
Chegou a xogar en Portland Trail Blazers da NBA na tempada 1996-97, aínda que o seu paso polo equipo foi breve xa que só xogou 8 partidos (61 minutos en total) nos que fixo unha media de 3,1 puntos por encontro. Tras o seu retiro como xogador profesional, iniciou a súa carreira como adestrador no club italiano Armani Jeans de Milán. En maio de 2003 obtén a nacionalidade española por carta de natureza outorgada polo consello de ministros.
Equipos 20px|border|YUBA Liga Partizan (1983–1992) 20px|border|Lega Olimpia Milano (1992–1994) 20px|border|Lega Fortitudo Bologna (1994–1996) 20px|border|NBA Portland Trail Blazers (1996) 20px|border|ACB FC Barcelona (1997–1999) 20px|border|ACB Real Madrid (1999–2002) 20px|border|Lega Scavolini Pesaro (2002-2005) 20px|border|Lega Olimpia Milano (1995)
Palmarés Títulos internacionais de Selección 1 Medalla de Prata nos Xogos Olímpicos de 1996. 1 Medalla de Ouro no Mundobasket de Grecia'1998. 3 Medallas de Ouro no Eurobasket de Roma'1991, Atenas'1995 e Barcelona'1997. 1 Medalla de Bronce no Eurobasket de Atenas 1987. 1 Medalla de Ouro no Mundobasket Júnior de Bormio'1987. 1 Medalla de Ouro no Eurobasket Júnior de Gmunden'1986. 1 Medalla de Ouro no Eurobasket Xuvenil de Rousse'1985.
Títulos internacionais de Club 1 Euroliga: 1991-1992, co Partizan Belgrado. 1 vez subcampión da Euroliga: 1996-1997, co FC Barcelona. 3 Copa Korać: 1988-1989 (Partizan Belgrado), 1992-1993 (Phillips Milan] e 1998-1999 (FC Barcelona).
Títulos nacionais de Club En Iugoslavia: 3 Ligas de Iugoslavia: 1986-1987, 1990-1991 e 1991-1992, co Partizan Belgrado. 2 Copas de Iugoslavia: 1988-1989 e 1991-1992, co Partizan Belgrado.
En España: 3 Liga ACB: 1996-1997 e 1998-1999 co FC Barcelona, e 1999-2000 co Real Madrid. 1 vez subcampión da Liga ACB: 2000-2001, co Real Madrid. 1 vez subcampión da Copa do Rei: 2000-2001, co Real Madrid.
Distincións individuais Elixido "Mellor Xogador" do Eurobasket de Barcelona de 1997. Gañador do concurso de triplos do "ULEB All Star" de Valencia'1994. Gañador do concurso de triplos do "FIBA All Star" de Tel Aviv'1997.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en acb.com Estatísticas na NBA
Categoría:Nados en 1967 Categoría:Nados en Belgrado Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto de Serbia Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores do KK Partizan Categoría:Xogadores do Olimpia Milano Categoría:Xogadores do Fortitudo Bologna Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores do FC Barcelona Bàsquet Categoría:Xogadores do Real Madrid Baloncesto Categoría:Xogadores do Victoria Libertas Pesaro Categoría:Adestradores de baloncesto de Serbia Categoría:Seleccionadores de baloncesto da selección de Serbia Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos de Serbia e Montenegro Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos de Iugoslavia Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 1996 Categoría:Medallistas olímpicos de prata por Serbia e Montenegro Categoría:Medallistas olímpicos en baloncesto Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1996