Raimondas Šarūnas Marčiulionis, nado o 13 de xuño de 1964 en Kaunas, Unión Soviética (agora Lituania) é un ex xogador profesional de baloncesto lituano. Cunha altura de 1,96 metros, foi un dos primeiros europeos en xogar con regularidade na NBA, permanecendo nela durante sete tempadas.

Tamén é coñecido pola súa implicación co baloncesto lituano, axudando á construción da súa selección nacional ademais de ser fundador da Liga de baloncesto de Lituania (Lietuvos Krepšinio Lyga) e da Liga de Baloncesto do Norte de Europa (NEBL), a cal sería posteriormente absorbida pola actual Liga de Baloncesto do Báltico. Actualmente é un dos homes de negocios máis importantes do seu país.

Traxectoria deportiva Europa Nado en Kaunas, comezou a xogar profesionalmente na cidade de Vilnius, entón pertencente á URSS, no equipo do Statyba Vilnius. Comezou no club con tan só 17 anos, en 1981, permanecendo alí até o ano 1989, cando decide dar o salto á NBA. Isto converteuno no primeiro xogador lituano en facelo.

Selección nacional Foi un fixo nas seleccións nacionais da URSS a finais dos anos 1980 e da de Lituania na década de 1990. Coa URSS, xunto co seu compatriota Arvydas Sabonis, gañaron a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Seúl 1988, ademais da medalla de prata nos Campionatos de Europa de Baloncesto celebrados en Grecia en 1987.

Con Lituania, gañou o bronce nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992 e Atlanta 1996,Vídeo do partido de Lituania e a URSS en Barcelona 1992 ademais dunha nova medalla de prata no europeo de 1995.Iugoslavia 96 - Lituania 90 (Final Eurobasket Atenas 1995)

NBA Foi elixido polos Golden State Warriors na sexta rolda do Draft da NBA de 1987, quen tiveron que esperar dous anos para que se incorporase ao equipo, na tempada 1989-90. Alí xogou durante catro tempadas, sendo finalista en dúas ocasións ao premio do Mellor Sexto Home da NBA, en 1991 e 1992. Ese ano do 92 foi o mellor da súa carreira, tras facer medias de 18,9 puntos e 3,4 asistencias por partido.

Tras perderse un ano completo de competición por mor dunha grave lesión no xeonllo, foi traspasado a Seattle SuperSonics, onde o seu nivel de xogo baixou ostensiblemente. Ao ano seguinte foi traspasado a Sacramento Kings, finalizando a súa carreira na NBA nos Denver Nuggets, na tempada 1996-97. No total da súa carreira en Estados Unidos fixo medias de 12,8 puntos, 2,3 rebotes e 2,2 asistencias.

Equipos

Statyba Vilnius (1981-1989) Golden State Warriors (1989-1993) Seattle Supersonics (1994-1995) Sacramento Kings (1995-1996) Denver Nuggets (1996-1997)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en nba.com Perfil en nba.com/historical Estatísticas de Marčiulionis na NBA

Categoría:Nados en Kaunas Categoría:Nados en 1964 Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos de Lituania Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores dos Seattle SuperSonics Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores dos Denver Nuggets Categoría:Medallistas olímpicos en baloncesto Categoría:Medallistas olímpicos de ouro pola Unión Soviética Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por Lituania Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1988 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1992 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1996 Categoría:Membros do Salón da Fama da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos da Unión Soviética Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 1988 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 1992 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 1996