A seguir recóllese a pegada da man na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral.
Cando se enfornaba na casa adoitábase bendici-lo pan para asegurar que levedase ben. A tal fin riscábase unha cruz sobre a masa antes de metela no forno e rezábanse diversas oracións. A cruz facíase cun coitelo ou co dedo, pero sempre coa man dereita.
miniatura|300px|Ser quen de matar unha toupa coa man proporciona poderes curadores Crese que quen é quen de matar unha toupa coa man alcanza poderes para curar certas enfermidades. A persoa que tal fixo poderá cura-la dor de moas con só tocar -con esa man- a cara do doente. En Castroverde (Lugo) cren que poderá cura-los cólicos fregando no ventre coa man. En Cualedro (Ourense) houbo unha curandeira que curaba o coxo (o herpes) porque matou tres toupas, cada unha de tres puñadas Lis Quibén. Nótese a presenza do 9 como número máxico..
Os distintos etnógrafos que recollen estas crenzas difiren no método. Lis Quibén di que, para ben ser, hai que aperta-la toupa coa man ata que afogue; Rodríguez López matiza que ha facelo coa man dereita, única que pode conseguir eses poderes.
Chámase man aberta (ou, simplemente, aberta) a que sofre unha distensión muscular por cousa dun esforzo. Segundo Rodríguez González, para curala hai que ata-las dúas mans cuns xuncos, e unha muller que tivese xemelgos corta-la atadura cunha machada.
Chámase zurdo, manicho ou esquerdeiro á persoa que usa preferentemente a man esquerda, en contraposición ós destros. Manco, coto ou toco é aquel a quen lle falta unha man (ou un brazo).
Refraneiro miniatura|300px|Mans frías e corazón quente, namoro de repente A man de todo ten man. A man estea queda, anque a lingua vaia e veña. A man, no peito; a perna, no leito. A man pra todos ten man. Ás mans lavadas, Dios dálle que coman. As mans na roca, e os ollos na porta. Da man á boca pérdese a sopa. Da man pra boca, a culler se envorca. De boa man, ben está o que dan. De tal man, tal é o que se dá. Dinche que eres bo, mete as mans no seo. Man por man, como o pailán. Man sobre man como a muller do escribán. Mans brancas non ofenden pero mancan. Mans e vida compoñen a vila. Mans frías e corazón quente, namoro de repente. miniatura|300px|Mans que non dades ¿qué esperades? Mans que non dades ¿qué esperades? Mans que tomades e non dades ¿qué esperades? Mans que tomades, ¿porqué non dades? Mans quentes e corazón frío amor perdido. Mau por mau coma o pardau. Mete a man no seo, non dirás do fado alleo. Mete a man no seo, verás o teu mal e mais o alleo. Meter as mans nas fogueiras é criar frieiras. Moitas mans nun prato, logo tocan a rebato. Non metas as maus no prato antes que as meta o teu amo. Non pidas a man allea, se a túa non vai chea. Quen espera a man allea, mal xanta e pior cena. Que non seipa a man dereita o que fai a esquerda. Ruín man, ruín é o que non dá. Se che din ben da túa leira, mete a man na faltriqueira. Tal é a man, e tal é o que dá. Unha man á outra lava, e as dúas lavan a cara. Val máis levar as mans limpas, que levalas cheas.
Locucións A dúas mans: traballar duro, sen descanso. A man: feito de forma manual, sen maquinaria. Á man: que está cerca, ó alcance de calquera. A man armada: violentamente. A mans cheas: abundantemente, con largueza. Abri-la man: se xeneroso nos regalos ou pouco esixente nas normas. Alza-la man: levanta-la man nun xesto de ameaza. Andar de man en man: dise dunha cousa ou asunto que pasa dunha persoa a outra. aperta-la man: reprender ou esixir con rigor; aforrar nos gastos. Asenta-la man: castigar a alguén. Ata-las mans: impedir que alguén faga unha cousa. Baixo man: dito ou feito de forma oculta. Man de azoutas, de labazadas etc. Man de obra: labores de traballo manual, así como os operarios que o realizan. Man de santo: remedio que resolve eficazmente unha enfermidade ou problema calquera. Man de vento: golpe de vento forte, na linguaxe dos mariñeiros. Man oculta: a persoa que intervén nalgún asunto sen da-la cara. Mans de araña: débiles, incapaces de calquera esforzo. Man travesa: medida que equivale ó ancho dos catro dedos da man. Ter boa man: ter habilidade, saber manexa-las cousas.
Notas
Véxase tamén Bibliografía LIS QUIBÉN, Víctor: La Medicina Popular en Galicia. Madrid 1949 (reed. Akal, Madrid 1980). RISCO, Vicente: “Cultura espritual”, en Historia de Galiza I, Bos Aires 1962 (reed. Akal, Madrid 1979). RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Galaxia, Vigo 1958-1961. RODRÍGUEZ LÓPEZ, Jesús: Supersticiones de Galicia y preocupaciones vulgares. Ed. Celta, Lugo 1974.
man