Claudio Abbado, nado en Milán o 26 de xuño de 1933 e finado en Boloña o 20 de xaneiro de 2014, foi un director de orquestra italiano. En 2013 foi nomeado senador vitalicio no Senado de Italia. Abbado estivo á fronte de catro das institucións máis importantes da música europea, o Teatro alla Scala de Milán, a London Symphony Orchestra, a Wiener Staatsoper, e a Berliner Philharmoniker. O seu interese por formar e achegar a música clásica á xente nova materializouse en proxectos como a European Union Youth Orchestra en 1978 ou a Gustav Mahler Jugendorchester en 1986. Abbado destacou tamén pola difusión da música contemporánea, especialmente do compositor italiano Luigi Nono, de quen estreou varias obras.Claudio Abbado, Microsoft Encarta 2009 [DVD]. Microsoft Corporation 2008
Abbado foi considerado por moitos, xunto con Riccardo Muti, un dos sucesores da tradición italiana encarnada por Arturo Toscanini e Victor de Sabata.
Traxectoria Primeiros anos Claudio Abbado naceu en Milán en 1933 no seo dunha familia de músicos. Seu pai, Michelangelo Abbado, era mestre de violín no prestixioso Conservatorio "Giuseppe Verdi" da capital lombarda, e posteriormente director adxunto desta institución; súa nai, Maria Carmela Savagnone, era pianista e escritora infantil; seu irmán máis vello, Marcello Abbado, é pianista e compositor, e foi director do conservatorio milanés entre 1973 e 1996. Abbado tiña outros dous irmáns: Luciana Abbado Pestalozza, fundadora do Festival MilanoMusica, e Gabriele Abbado, arquitecto.
A súa vocación musical chegou a unha idade moi curta, como lembraba nunha entrevista a La Symphonie des chefs:
De pequeno presenciou a moitos grandes músicos do seu tempo, e lembraba como odiaba ver a Toscanini nos ensaios: "Era horrible para as súas orquestras, todos eses berros". Porén a súa infancia estivo marcada pola ditadura de Mussolini e a segunda guerra mundial no seo dunha familia antifascista que realizou actos de resistencia ao réxime. En 1944, durante a Guerra, súa nai foi prendida e torturada por axudar unha familia xudía a escapar da deportación, ademais seu pai, que tocaba na radio, foi acusado de colaboracionismo. O propio Claudio escribiu nunha parede dun edificio público "Viva Bartók", o que motivou que a Gestapo fose na busca do "partidario de Bartók".
Estudos e debut miniatura|dereita|250px|Fachada do Conservatorio Giuseppe Verdi de Milán. Recibiu as súas primeiras leccións de música da man de seu pai, quen lle ensinou a el e a seu irmán. Aínda que seu pai esperaba que Claudio elixise unha carreira máis doada e lucrativa que a esixente, frustrante e frecuentemente mal pagada profesión de músico, grazas á axuda de súa nai, o xove Claudio conseguiu convencelo para que puidese estudar música, o que comportou grandes sacrificios económicos á familia. Aos 16 anos ingresou no conservatorio milanés, onde estudou piano (a súa man abarcaba 14 notas), composición e dirección orquestral con Carlo Maria Giulini."Abbado, Claudio (1933- )", Enciclopedia Universal Micronet 2006 en DVD, en castelán. Micronet, San Sebastián de los Reyes cita como profesor de Abbado a Bruno Bettinelli. Durante o tempo de estudos no conservatorio milanés, Abbado comezou a tocar o órgano en varias igrexas para gañar algúns cartos, como posteriormente lembraba:
Aos 18 anos tocou e dirixiu dende o teclado un concerto para piano de Bach na casa de Toscanini, e ao ano seguinte remataba a carreira de piano. En 1955 graduouse no Conservatorio "Giuseppe Verdi" de Milán. Posteriormente trasladouse a Siena, onde continuou a súa formación como director nos prestixiosos cursos de verán da Accademia Musicale Chigiana, onde coñecería ao director indio Zubin Mehta, que estudaba dirección en Viena e que se convertería nun grande amigo seu. Mehta faloulle cun grande entusiasmo das clases de dirección e do seu mestre Swarowsky, o que animou a Abbado a trasladarse a Viena ao considerar que xa aprendera todo o que podía aprender en Italia, se ben xa recibira clases de piano en Salzburgo con Friedrich Gulda. Finalmente, e grazas a dúas bolsas de estudos que gañou para dous anos consecutivos de 1956 a 1958, Abbado trasladouse a Viena, onde estudou co director austríaco Hans Swarowsky na Universität für Musik und darstellende Kunst Wien da capital austríaca.*"Abbado, Claudio", Encyclopædia Britannica Student and Home Edition 2009 en DVD, en inglés. Encyclopædia Britannica, Chicago Outra influencia moi destacable na formación de Abbado como director foi a asistencia aos ensaios dos grandes directores da época, nos que se coaba xunto con Mehta.
Tras gañar a Serge Koussevitzky Competition no Tanglewood Music Festival (Estados Unidos) por diante de Zubin Mehta en 1958, xurdíronlle numerosos compromisos para dirixir óperas en Italia, debutando como director en Trieste. Despois declararía:
miniatura|Claudio Abbado en 1965. Dende ese momento o éxito da súa carreira, tanto como director sinfónico como operístico, foise incrementando, se ben ao seu regreso a Europa ensinou música de cámara en Parma. Nestes inicios como director comezou dirixindo diversas orquestras na súa Italia natal, antes de aceptar invitacións de orquestras estranxeiras na segunda metade dos anos 60."Abbadio, Claudio". Encyclopedia Britannica. I: A-Ak - Bayes (15th ed.). Chicago, IL: Encyclopedia Britannica, Inc. 2010. p. 8. ISBN 978-1-59339-837-8 Non foi ata 1960 cando Abbado debutou na súa cidade natal, Milán, no emblemático Teatro alla Scala con motivo do tricentenario do nacemento de Alessandro Scarlatti.
En 1963, despois de dous anos como profesor, gañou en Nova York o Dimitri Mitropoulos Prize para directores, o que lle permitiu traballar durante cinco meses como axudante de Leonard Bernstein na New York Philharmonic.Naquela época nas grandes orquestras, os axudantes raras veces conseguían ter a oportunidade de dirixir concertos importantes a non ser que un director cancelase algunha actuación a última hora, como ocorreu no caso do propio Bernstein que o levaría á fama. Porén, a oportunidade de Abbado non chegou ata 1965, cando tras escoitalo dirixir á Radio-Symphonie-Orchester Berlin, debutaba coa Wiener Philharmoniker nun concerto do Festival de Salzburgo por invitación de Herbert von Karajan. Ese mesmo ano foi o seu debut británico coa Hallé Orchestra en Manchester. O 20 de outubro de 1966 no Royal Festival Hall debutou coa London Symphony Orchestra (orquestra á que volvería en 1968 para participar no Proms nun programa con obras de Gustav Mahler, Maurice Ravel e Modest Mussorgsky), e ao ano seguinte facíao á fronte da Berliner Philharmoniker.
La Scala
miniatura|esquerda|300px|O Teatro alla Scala de Milán. En 1968, despois dunha nova aparición no Festival de Salzburgo dirixindo a produción de Jean-Pierre Ponelle de Il barbiere di Siviglia, Abbado era designado director permanente do Teatro alla Scala de Milán, un posto difícil e esgotador que poría de manifesto, non só o seu valor como director senón a súa capacidade para forxar orquestras de primeira categoría. Posteriormente ocuparía consecutivamente os cargos de director musical (1971), e director artístico e musical (entre 1977 e 1979).
Chegou daquela, con 35 anos, o seu primeiro contrato como director permanente, antes de ser nomeado director musical en 1971. Os seus vínculos políticos e locais eran valiosos en Milán, onde os sindicatos eran omnipresentes e onde seu irmán Marcello dirixía o Conservatorio. A xubilación do antigo superintendente Antonio Ghiringhelli deixou o camiño aberto á toma de posesión con outros dous "radicais": Paolo Grassi (intendente) e Massimo Bogianckino (director artístico). Chegaba deste xeito o momento para o cambio: modificou profundamente a organización dos programas, ampliando o repertorio aos compositores do século XX (concertos Musica del nostro tempo), alongando a tempada, e baixando os prezos das entradas. Abriu o teatro durante as seis semanas de peche anual para presentar de xeito gratuíto óperas filmadas aos obreiros, estudantes, escolares que descubriron a ópera, e mesturando de forma natural a Beethoven coa música contemporánea, e permitindo o acceso ao teatro a un público totalmente novo, grazas tamén á adopción dunha política de entradas baratas. Coa orquestra, ofreceu concertos en fábricas, universidades, escolas superiores, tanto en Milán como noutras cidades como Reggio Emilia (talleres Musica/realtà).
En 1977, despois da marcha de Grassi á RAI, Abbado foi nomeado director artístico e musical, sendo Grassi substituído por Carlo Maria Badini. Posteriormente, en 1979, Abbado deixou a dirección artística, mantendo a dirección musical. Permaneceu neste cargo ata 1986, ano no cal abandonou La Scala, en maio, cunha "Homenaxe a Debussy" xunto co coreógrafo Maurice Béjart, deixando o seu posto ao napolitano Riccardo Muti. Deixaba deste xeito o teatro milanés logo de ter conseguido musicalmente a mellora da súa orquestra e a inclusión do repertorio sinfónico, así como a ampliación do repertorio operístico do teatro, engadindo aos títulos máis destacados do século XX obras contemporáneas como Le Grand Macabre de György Ligeti, Paradise Lost de Krzysztof Penderecki, Donnerstag aus Licht de Karlheinz Stockhausen, ou a ópera de Luigi Nono Al gran sole carico d'amore, encargada especialmente para La Scala.
En 1982 fundou a Filarmonica della Scala, unha orquestra independente do teatro que se encarga da tempada sinfónica do mesmo. Ademais, durante o seu período no coliseo milanés fundaría tres institucións para promover a música entre a xente nova e impulsar a súa formación: a European Community Youth Orchestra (1978), a Chamber Orchestra of Europe (1981) e a Gustav Mahler Jungendorchester (1986).
Milán, Londres e Viena En 1979 convertíase no 12º director principal da London Symphony Orchestra (LSO), sucedendo no cargo ao alemán André Previn, e compaxinando este posto co que xa tiña. Anteriormente Abbado xa estivera vinculado á orquestra británica, onde ostentou o cargo de Principal Director Convidado entre 1975 e 1979.