Epimetheus (ou en grego Επιμηθεύς) é unha lúa interior de Saturno. Tamén coñecida coma Saturno XI. Recibiu o nome oficial de Epimeteo, irmán de Prometeo na mitoloxía grega.

Descubrimento Epimeteo ocupa esencialmente a mesma órbita ca Xano. Os astrónomos asumen que había un só corpo nesa órbita, e debido o feito de compartir órbita, os astrónomos tiveron bastantes dificultades a hora de establece-las súas características orbitais. Cando as observacións eran fotográficas e bastante espalladas no tempo, a presenza de dous corpos era pouco ou nada clara, o que facía cas observacións fosen moi difíciles de casar cunha órbita razoable'.

Audouin Dollfus observou a lúa o 15 de decembro de 1966,IAUC 1987: Probable New Satellite of Saturn 3 de xaneiro de 1967 (descubrimento) quen propuxo o nome de "Xano".IAUC 1995: Saturn X (Janus){ 1 de febreiro de 1967 (bautizo de Xano) O 18 de decembro, Richard Walker fixo unha observación semellante que hoxe en día está acreditada coma o descubrimento de Epimeteo.IAUC 1991: Possible New Satellite of Saturn 6 de xaneiro de 1967 Hai que subliñar, que nos tempos do descubrimento, pensábase que era só unha lúa, e aínda que non era oficial, ese único corpo recibiu o nome de Xano.

Doce anos máis tarde, en outubro de 1978, Stephen M. Larson e John W. Fountain déronse conta que as observacións de 1966 eran mellor explicadas por dous corpos distintos (Xano e Epimeteo) que compartisen órbitas moi semellantes. Isto foi confirmado en 1980 pola sonda Voyager 1, Larson e Fountain compartiron oficialmente o descubrimento de Epimeteo con Walker.

Epimeteo recibiu o seu nome oficial no ano 1983.Transactions of the International Astronomical Union, Vol. XVIIIA, 1982 (confirmación de Xano, nomes de Epimeteo, Telesto, Calipso) (mencionado en IAUC 3872: Satellites of Jupiter and Saturn 30 de setembro de 1983) O nome de Xano foi aprobado pola UAI ó mesmo tempo, aínda que xa era usado informalmente dende que Dollfus o propuxera no ano 1966.

Relación orbital entre Epimeteo e Xano miniatura|esquerda|250px|Epimeteo (abaixo a esquerda) e Xano fotografados o 20 de marzo do 2006, dous meses antes de intercambiarse as órbitas. A proximidade entre ambos obxectos é unha ilusión; actualmente poden ser visto a lugares opostos na súa común órbita. miniatura|dereita|300px|A órbita en forma de ferrada de Xano e Epimeteo que pode ser apreciada neste esquema. Epimeteo e Xano son lúas co-orbitais: O radio medio orbital de Xano é actualmente só 50 km máis pequeno co de Epimeteo, distancia máis pequena que calquera dos diámetros das dúas lúas. En concordancia coas leis de Kepler, a órbita máis pequena é máis rápida, pero só por 30 segundos. Cada día a lúa interior gaña ¼° de distancia ó redor de Saturno respecto da lúa que vai polo exterior. Cando a lúa interior pilla á lúa exterior, a súa mutua atracción gravitatoria eleva o momentum da lúa interior e rebaixa o momentum da lúa exterior. Con este momentum engadido, a distancia da lúa interior respecto Saturno incrementase e o seu período orbital tamén aumenta, mentres que no caso da lúa exterior este parámetros decrecen. Nesta asistencia gravitatoria, onde as lúas negocian o intercambio das súas órbitas, nunca se achegan máis de 10,000 km. Este intercambio efectuase cada catro anos; o último achegamento foi o 21 de xaneiro do 2006,NASA JPL, Cassini-Huygens Multimedia: The Dancing Moons , 3 de maio do 2006 e o seguinte será no 2010. Neste intres, o radio orbital de Xano aumenta ~20 km, mentres o de Epimeteo decrece ~80 km; a órbita de Xano vese menos afectada por que é catro veces máis masivo ca Epimeteo. Até o de agora, é o único caso coñecido de intercambio de órbitas dentro do Sistema Solar.

A relación orbital entre Xano e Epimeteo pode ser entendida coma un caso de problema restrinxido de tres corpos, coma neste caso onde as dúas lúas (o terceiro corpo sería Saturno) son semellantes en tamaño. Outros exemplos deste problema'' serían os que incluirían os puntos de Lagrange, asteroides troianos e lúas troianas, tamén a órbita en forma de ferrada de Cruithne con respecto á Terra, e moitos obxectos con órbitas potencialmente semellantes.Lloyd, R.; More Moons Around Earth? Its Not So Loony, Space.com, 29 de outubro de 1999

Características físicas miniatura|esquerda|Podemos ver a Epimeteo cruzado pola sombra do anel F, imaxe tomada pola Voyager 1 (NASA) Algúns dos cráteres de Epimeteo teñen máis de 30 kms de diámetro, tamén posúe cristas e sucos de diverso tamaño. A intensa craterización de Epimeteo indica que debe ser bastante vello. Xano e Epimeteo posiblemente son o froito da ruptura dun corpo primixenio, para dar coma resultado dous corpos co-orbitais, pero se esta ruptura sucedeu, debe de ser nos primeiros tempos do sistema de satélites. A partir da súa baixa densidade e o seu relativamente alto albedo, podemos deducir que Epimeteo é un corpo xeado moi poroso.

O polo sur amosa o que parece ser un vestixio dun gran cráter de impacto que cobre gran parte desa cara da lúa, e que podería ser parcialmente a causa da forma aplanada de boa parte de polo sur de Epimeteo.

Aparecen dous tipos de terreo: áreas suaves e escuras, e por outra banda, áreas brillantes,lixeiramente amareladas e co terreo fracturado. Unha interpretación é a de que o material escuro moveuse costa abaixo, e probablemente conten menos xeo co material brillante, o cal asemellaríase máis a un campo de pedras. Pero hai que dicir en contra desta interpretación, que ambos tipos de material semellan te-la mesma cantidade abundante de xeo de auga.Catalog Page for PIA09813

Anel Existe un feble anel de po na rexión que ocupan as órbitas de Epimeteo e Xano, coma revelan as imaxes tomadas pola sonda Cassini baixo luz difusa no 2006. Este anel estendese ó longo dun radio de 5000 km.NASA Planetary Photojournal PIA08328: Moon-Made Rings A fonte do po son as partículas arrincadas das lúas polos impactos de meteoritos, as cales forman un anel difuso ó redor das órbitas das dúas lúas.Cassini-Huygens press release NASA Finds Saturn's Moons May Be Creating New Rings , 11 de outubro do 2006

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Saturno Xano

Ligazóns externas

Epimetheus Profileby NASA's Solar System Exploration The Planetary Society: Epimetheus Cassini Images of Epimetheus 'Solar System Dynamics' by Murray and Dermott The standard text on the subject, describes the orbits in detail. Imaxe da Cassini de Xano e Epimeteo preto do intercambio orbital.

Categoría:Lúas de Saturno