O LII Festival da Canción de Eurovisión celebrouse na cidade de Helsinqui, Finlandia no ano 2007. Finlandia gañara o dereito de celebrar o festival tras a vitoria de Lordi o ano anterior no Festival de Eurovisión 2006 celebrado en Atenas, Grecia. O festival consistiu nunha semifinal, que tivo lugar o 10 de maio de 2007 e a final, celebrada o 12 de maio no Hartwall Areena cunha capacidade para 14.000 espectadores.
Nesta edición do festival participaron 42 países membros da Unión Europea de Radiodifusión, quen organizou o festival xunto coa cadea finesa YLE. O número de países participantes superou o límite de 40 que había ata entón grazas a incorporación de Xeorxia, República Checa, Serbia e Montenegro (estes dous últimos xa competiran con anterioridade pero como Serbia e Montenegro, ademais Austria e Hungría volveron ao festival e só Mónaco decidiu non participar.http://www.esctoday.com/news/read/6987
O festival miniatura|dereita|200px|Os presentadores do festival, Jaana Pelkonen e Mikko Leppilampi na final. Semifinal Esta foi a cuarta vez na historia do Festival de Eurovisión na que se celebraba unha semifinal para elixir 10 dos 24 países participantes na final.
# País Intérprete(s) Canción Lugar Puntos 1 Elitsa Todorova & Stoyan Yankulov Water 6 146 2 Teapacks Push the button 24 17 3 Evridiki Comme ci, comme ça 15 65 4 Koldun Work your magic4 176 5 Eiríkur Hauksson Valentine lost 13 77 6 Sopho Visionary dream 8 123 7 Stevan Faddy Ajde, kroči 23 33 8 DJ Bobo Vampires are alive 20 40 9 Natalia Barbu Fight 10 91 10 Edsilia Rombley On top of the world 21 38 11 Aida & Frederik Ndoci Hear my plea 17 49 12 DQ Drama queen 19 45 13 Dragonfly & Dado Topić Vjerujem u ljubav 16 54 14 The Jet Set Time to party 14 75 15 Marija Šerifović Molitva 1 298 16 Kábat Malá dáma 28 1 17 Sabrina Dança comigo (vem ser feliz) 11 88 18 25px Macedonia do Norte Karolina Gočeva Mojot svet 9 97 19 Guri Schanke Ven a bailar conmigo 18 48 20 Olivia Lewis Vertigo 25 15 21 25px Andorra Anonymous Salvem el món 12 80 22 Magdi Rúzsa Unsubstantial blues 2 224 23 Gerli Padar Partners in crime 22 33 24 The KMG's LovePower 26 14 25 Alenka Gotar Cvet z juga 7 140 26 Kenan Doğulu Shake it up, Shekerim 3 198 27 Eric Papilaya Get a life, get alive 27 4 28 Bonaparti.lv Questa notte 5 168 Resaltados os que pasan á final.
Final miniatura|dereita|200px|Os representantes de España, D'Nash miniatura|dereita|200px|As representantes de Rusia, Serebro A final do Festival de Eurovisión 2007 celebrouse o 12 de maio de 2007. Comezou cunha presentación artística coroada coa aparición de Lordi, gañador do ano anterior, coa súa canción Hard Rock Hallelujah. Tras isto comezaron as actuacións dos 24 países.
O sistema de votación foi o mesmo que na semifinal, cos países entregando de 1 a 8, 10 e 12 puntos aos concursantes máis votados por televoto ou SMS, no caso de Albania e Andorra, debido a problemas co proceso de votación, foron os xurados os que outorgaron os votos. Tras a votación, un representante de cada país comezou a mencionar os países que recibiron 8, 10 e 12 puntos, mentres se mostraba na pantalla os restantes votos.
Desde o inicio das votacións, Serbia, Ucraína, Rusia e Turquía comezaron a recibir a maior cantidade de votos e axiña escalaron ás primeiras posicións. Tras a votación dos 42 países participantes, Serbia converteuse na gañadora con 268 puntos.
# País Intérprete(s) Canción Lugar Puntos 1 25px Bosnia e Hercegovina Marija Rijeka bez imena 11 106 2 D'Nash I love you mi vida 20 43 3 Koldun Work your magic 6 145 4 Dervish They can't stop the spring 24 5 5 Hanna Pakarinen Leave me alone 17 53 6 25px Macedonia do Norte Karolina Gočeva Mojot svet 14 73 7 Alenka Gotar Cvet z juga 15 66 8 Magdi Rúzsa Unsubstantial blues 9 128 9 4Fun Love or leave 21 28 10 Sarbel Yassou Maria 7 139 11 Sopho Visionary dream 12 97 12 The Ark The worrying kind 18 51 13 Les Fatals Picards L'amour à la française 22 19 14 Bonaparti.lv Questa notte 16 54 15 Serebro Song #1 3 207 16 Roger Cicero Frauen regier'n die Welt 19 49 17 Marija Šerifović Molitva 1 268 18 Verka Serdyuchka Dancing lasha tumbai 2 235 19 Scooch Flying the flag (for you) 23 19 20 Todomondo Liubi, liubi, I love you 13 84 21 Elitsa Todorova & Stoyan Yankulov Water 5 157 22 Kenan Doğulu Shake it up, Shekerim 4 163 23 Hayko Anytime you need 8 138 24 Natalia Barbu Fight 10 109
Polémicas miniatura|dereita|250px|Mapa no que aparecen representados os países segundo o número de votos obtivos, resaltando os países de Europa do Leste. Tras os resultados da votación, tanto da semifinais como da final, levantouse unha forte polémica debido as grandes diferenzas nos resultados dos países de Europa Occidental e Europa Oriental. Dos dez países máis votados, todos eles estaban situados na zona oriental do continente e eran países da antiga Unión Soviética ou da antiga Iugoslavia, a excepción de Grecia e Turquía, máis próximas ao grupo occidental a pesar da súa localización. Finlandia, xeralmente afastada desta clasificación dual, acadou a posición 17 e Suecia foi o país occidental con máis alto, coa posición 18. O tema alemán rematou na posición 19 sendo o representante do Big Four que quedaba en mellor posición. Finalmente, e igual que en anos anteriores, España, Francia e o Reino Unido quedaron entre os cinco peores clasificados.BBC News, 15/05/07, «MP demands Eurovision vote change»
Notas
Véxase tamén Outros artigos Festival de Eurovisión Unión Europea de Radiodifusión Ligazóns externas Sitio oficial de Eurovisión
2007 Categoría:Música en 2007