miniatura|dereita|Escultura de Bourgeois en Bilbao. Louise Joséphine Bourgeois, nada en París o 25 de decembro de 1911 e finada en Nova York o 31 de maio de 2010, foi unha escultora e artista plástica francoestadounidense.

Traxectoria Naceu e medrou en Francia, mais o esencial da súa carreira artística desenvolveuse en Nova York, onde se instalou en 1938 despois de casar co historiador de arte estadounidense Robert Goldwater. O recoñecemento do seu traballo artístico creceu cos últimos anos da súa vida, onde se afirmou coma unha influencia de entidade para as novas xeracións de artistas, particularmente femininas.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Dossier : Louise Bourgeois, exposition au Centre Pompidou, 2008 Biografía da artista

Categoría:Personalidades da escultura Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en 2010 Categoría:Alumnos da Art Students League of New York Categoría:Alumnos da Académie Julian