As alternativas á experimentación con animais, adoito denominadas Novas Metodoloxías de Abordaxe (NAMs, polas súas siglas en inglés), comprenden técnicas científicas innovadoras deseñadas para substituír a experimentación animal tradicional na investigación biomédica, a toxicoloxía e as avaliacións de seguridade de produtos, abranguendo ensaios celulares in vitro, simulacións computacionais e sistemas microfisiolóxicos como as plataformas de órgano nun chip.
Estes métodos abordan as limitacións inherentes aos modelos animais, os cales adoitan amosar unha escasa validez preditiva para a fisioloxía e a toxicidade humanas debido ás diferenzas fisiolóxicas e metabólicas entre especies, o que orixina altas taxas de fracaso, nas que ata un 90% dos éxitos preclínicos fallan nos ensaios en humanos. Motivadas principalmente polo principio dos 3Rs —substitución, redución e refinamento do uso de animais—, estas alternativas ofrecen ademais vantaxes en canto a rendibilidade, escalabilidade e maior relevancia para o ser humano, grazas ao emprego de células de orixe humana e de modelaxe avanzada.
Xustificación dos métodos alternativos
As principais motivacións para a utilización dos métodos alternativos á experimentación animal son de natureza ética e moral. Marshal Hall, a mediados do século XIX, foi o primeiro científico que se preocupou de establecer unha serie de normas que evitaban o sufrimento e o estrés animal innecesario, así como a duplicación de certos experimentos. A mediados e finais do século XX, a crítica social xa existente endureceuse, especialmente por certos colectivos en defensa dos dereitos dos animais como The United Action for Animals (1967) ou People for the Ethical Treatment of Animals (1980), máis coñecida como PETA. A concienciación profesional de moitos experimentadores posibilitou non soamente o desenvolvemento e a utilización destes métodos alternativos para a substitución da experimentación con animais, senón tamén a redución e o refinamento destes métodos.Elementos esenciales para investigación animal, una guía para la investigación personal. Capítulo 2: Metodologías alternativas. B. Taylor Bennett, D.V.M., Ph.D. [Consultado o 22/05/2010] Dispoñible en: http://www.nal.usda.gov/awic/pubs/noawicpubs/essenti2.htm#cap2 María Pilar Vinardell Martínez-Hidalgo, Alternativas a la experimentación animal: situación actual, Acta Bioethica, 2007; 13 (1). Dispoñible en: http://www.scielo.cl/scielo.php?pid=S1726-569X2007000100005&script=sci_arttextPeople for the ethical treatment of animals (PETA). Alternatives: Testing Without Torture. [Consultado o 22/05/2010] Dispoñible en: http://www.peta.org/factsheet/files/FactsheetDisplay.asp?ID=87
Ademais das razóns éticas existen outros motivos adicionais para a substitución dos estudos in vivo e para o desenvolvemento mais intenso dos métodos alternativos:
Económicos: o custo das probas in vivo é moi elevado. En ocasións, mesmo impide o desenvolvemento de fármacos ou outras novas substancias químicas debido á imposibilidade práctica e económica da súa realización. Científicos: ao traballar con individuos completos, é difícil en moitos casos determinar a causa molecular que produce a toxicidade. Ao utilizar fraccións biolóxicas de distinta complexidade, resulta máis sinxelo decatarse da xustificación bioquímica do efecto tóxico. Sociopolíticos: atendendo ás demandas dun sector da poboación que esixe a supresión da experimentación animal (os chamados abolicionistas). Legais: a Directiva do Consello 86/609/ CEE e o Real decreto 223/1988 establecen que non se debe realizar un experimento se se dispón doutro método cientificamente satisfactorio e contrastado que permita obter as mesmas conclusións sen implicar a utilización de animais.
Clasificación dos métodos alternativos
A substitución, a redución e o refinamento constitúen o principio fundamental dende o que se desenvolven os métodos alternativos na experimentación toxicolóxica. Este principio apareceu por vez primeira (como "regra dos tres R", polas primeiras letras en inglés de replacement, reduction e refinement), en The Principles of Humane Experimental Technique, escrito por Russell e Burch e publicado en 1959: "replacement significa a substitución dos animais vivos por material insensible; reducction significa a diminución no número de animais usados para obter determinada cantidade de información cunha determinada precisión; refinement significa diminución na incidencia ou severidade dos procedementos inhumanos aplicados a estes animais que non poden ser substituídos".William Russell, R.L. Burch, C.W. Hume The Principles of Humane Experimental Technique, Universities Federation for Animal Welfare (UFAW), Methuen & Co. Ltd, Londres, 1959.
Clasificación dos métodos alternativos en función desta regra:Repetto, M. Toxicología Avanzada. Ed. Díaz de Santos. Madrid. 1995.
Redución: Mellora no almacenamento, no uso e no intercambio de información toxicolóxica, por exemplo, mediante a creación de bases de datos internacionais, para evitar a innecesaria repetición de estudos in vivo. Melloras no deseño dos experimentos, podéndose así reducir considerablemente o número de animais utilizados. Substitución: Predición da toxicidade de novas substancias mediante cálculos avanzados de relación estrutura-actividade cuantitativa (QSAR). Isto permite deducir a toxicidade a partir do coñecemento teórico da estrutura química. Aínda que é unha alternativa moi interesante, é un campo pouco desenvolvido polo momento. Estudos en humanos: seguimentos epidemiolóxicos de substancias que xa se atopan no mercado, así como a utilización de voluntarios. Porén, esta fonte de información toxicolóxica presenta unha importante limitación ética. As técnicas in vitro, baseadas na utilización doutros produtos biolóxicos non animais, tales como: bacterias, algas, fungos, fraccións subcelulares, tecidos, órganos perfundidos, cultivos celulares etc. Estas probas achegan información interesante, pero en poucas ocasións substitúen totalmente a realización dos estudos in vivo. Refinamento: Mellora da instrumentación na experimentación animal, que permiten unha monitorización da dor. Melloras no deseño dos experimentos para reducir o sufrimento innecesario.
Notas
Categoría:Toxicoloxía