Para o actual equipo da Liga ACB, véxase Basket Zaragoza 2002. O Club Baloncesto Zaragoza, coñecido por motivos de patrocinio como Azulejos Moncayo CBZ, é un club de baloncesto español con sede na cidade de Zaragoza, Aragón. Fundado no ano 1981, é un dos equipos fundadores da Liga ACB, aínda que actualmente compiten na cuarta categoría, a Liga EBA. Durante os anos na elite do baloncesto, o equipo foi principalmente coñecido co nome de CAI Zaragoza. Entre os seus éxitos destacan dúas Copa do Rei e un subcampionato da Copa Saporta. Este equipo non debe confundirse co Basket Zaragoza 2002, equipo que representa á cidade actualmente na ACB.

Historia En 1981 o Centro Natación Helios non pode manter o apoio económico á súa sección de baloncesto para poder xogar en Primeira División. Ante este feito, José Luís Rubio, presidente do Club Baloncesto Helios, decide en unión dos seus compañeiros de xunta directiva e abonados do club, separarse e fundar o Club Baloncesto Zaragoza. Na primeira temporada (1981−1982) a masa social era duns 450 abonados. A data histórica máis transcendental para a vida do club prodúcese en xullo de 1982 cando se chega a un importante acordo de patrocinio coa Caja de Ahorros de la Inmaculada (do castelán: Caixa de Aforros da Inmaculada). Asegurábase así a continuidade dun club na elite do baloncesto nacional. A partir dese contrato, o club pasou a chamarse CAI Zaragoza.

O Zaragoza é un dos clubs fundadores da ACB e disputou a súa competición durante catorce temporadas ininterrompidas, entre 1983 e 1996. Durante o seu periplo na elite, o Zaragoza conquistou dúas Copas do Rei: a de 1984 ante o FC Barcelona e a de 1990 ante o Joventut Badalona, sendo finalista en 1992 ante CB Estudiantes e 1995 ante Taugrés Vitoria. Ademais, foi o terceiro clasificado da Liga ACB nas temporadas 1986−1987 e 1987−1988, tan só por detrás do Barcelona e o Real Madrid. A nivel europeo, o CAI foi subcampión da Recopa de Europa de 1991 ao perder a final, disputada en Xenebra, contra o PAOK Complan por 76−72. Ao finalizar a temporada 1995−1996, o primeiro equipo foi expulsado da ACB por problemas económicos; manténdose unicamente en competición algúns conxuntos das categorías inferiores. Actualmente o club conta cun equipo sénior que compite en Liga EBA.

Patrocinios Por motivo de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia:

Zaragoza Skol (1981−1982) CAI Zaragoza (1982−1992) Banco Natwest Zaragoza (1992−1994) Amway Zaragoza (1994−1996) Adecco Zaragoza (2001−2003) Serviplem Baryval Zaragoza (2004−2008) 100x100 Basket Zaragoza (2009−2015) Azulejos Moncayo CBZ (2015–presente)

Xogadores Destacados

Santiago Aldama Dani Álvarez Quique Andreu Alberto Angulo Lucio Angulo Fernando Arcega Joaquín Arcega Pepe Arcega Manel Bosch José Manuel Cabezudo Raúl Capablo Indio Díaz José Miguel Hernández Jesús Iradier Rogelio Legasa José Luis Llorente Charly López Rodríguez Fran Murcia Fernando Romay Joaquín Ruiz Lorente Quino Salvo Manel Sánchez Rafael Sansegundo Francisco Zapata Chuck Aleksinas Michael Anderson Ken Bannister Tim Burroughs Mark Davis Kenny Green Claude Gregory Dennis Hopson Kevin Magee Bobby Phills Claude Riley Andy Toolson Andre Turner Rickie Winslow Valdemaras Chomičius Piculín Ortiz Alexander Belostenny

Adestradores A seguinte é unha lista dos adestradores do Zaragoza na súa etapa na Liga ACB.

Pepe Laso (1981−1983) León Najnudel (1983−1984) Pepe Laso (1984−1985) Manel Comas (1985−1987) Ranko Žeravica (1987−1989) Moncho Monsalve (1989) Jesús Carrera (1989−1990) Manel Comas (1990−1992) Mario Pesquera (1992−1993) Herb Brown (1993−1994) Alfred Julbe (1994−1996)

Palmarés Copa do Rei Campións (2): 1984, 1990 Subcampións (2): 1992, 1995

Historial AnoNivelLigaCopa do ReiOutras copasCompeticións europeas1981–82 11ª División 6º 15–11 1982–83 11ª División 4º 16–1–9Oitavos de final3 Copa Korać 5–31983–84 1ACB 4º 20–16Campións3 Copa Korać 7–11984–851ACB8º17–16Copa Asociación 2º2 Copa Saporta 5–3Supercopa 2º1985–86 1ACB 4º 21–11Cuarto lugar3 Copa Korać 3–11986–87 1ACB 3º 21–12SemifinaisCopa Príncipe 3 Copa Korać 5–51987–88 1ACB 3º 18–17Cuartos de finalCopa Príncipe 3 Copa Korać 3–51988–89 1ACB 4º 23–18Semifinais3 Copa Korać 4–41989–90 1ACB 9º 20–19Campións3 Copa Korać 6–41990–91 1ACB 6º 22–16Cuartos de final2 Copa Saporta 8–31991–92 1ACB 5º 28–11Subcampión3 Copa Korać 6–41992–93 1ACB 7º 19–18Cuarto lugar2 Copa Saporta 10–61993–94 1ACB 14º 12–19Terceira rolda3 Copa Korać 2–81994–95 1ACB 6º 24–17Subcampión1995–96 1ACB 7º 25–15Cuartos de final3 Copa Korać 3–71996–01Non participou en ningunha competición2001–02 4Liga EBA 12–22 2002–03 4Liga EBA 9º 14–16 2003–04Non participou en ningunha competición2004–08Categorías inferiores2008–09 61ª División 13–13 2009–10 51ª División 9º 10–16 2010–11 51ª División 3º 19–6 2011–12 51ª División1º 25–1 2012–13 51ª División1º 20–5 2013–14 51ª División1º 22–4 2014–15 51ª División1º 19–4 2015–16 51ª División1º 17–3 2016–17 51ª División 2º 16–4 2017–18 51ª División 2º 10–5 2018–19 51ª División 2º 16–5

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web oficial do CB Zaragoza

Zaragoza Categoría:Deporte en Zaragoza