Pablo Antonio Casado Elícegui, nado en Zamora o 12 de xaneiro de 1944 e finado o 27 de marzo de 2017 nas Palmas de Gran Canaria, foi un arquitecto e adestrador de baloncesto profesional español que dirixiu entre outros equipos o Club Baloncesto Breogán de Lugo, o Canarias e o Villalba. En 1991 foi ademais director xeral deste club madrileño.
Traxectoria Como xogador de baloncesto, estivo no CB Canarias durante o tempo que facía estudos universitarios de arquitectura en Tenerife.
Como adestrador, empezou nas categorías inferiores do Estudiantes, e en 1979 xa estivo adestrando os equipos sénior do Club Baloncesto Canarias. Nas illas conseguiu dous ascensos á máxima categoría do baloncesto español. En 1985 fichou polo Breogán lugués, a quen adestrou unicamente por unha tempada. En 1986 marchou ao CB Collado Villalba da periferia madrileña, onde permaneceu durante seis anos, o último deles ademais como director xeral do club (1992).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en acb.com
Categoría:Nados en 1944 Categoría:Nados en Zamora Categoría:Adestradores de baloncesto de España Categoría:Adestradores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Finados en 2017 Categoría:Adestradores do CB Canarias Categoría:Adestradores do CB Collado Villalba Categoría:Adestradores da ACB Categoría:Adestradores da LEB