O Club Bàsquet Granollers é un club profesional de baloncesto da cidade de Granollers, Cataluña. Foi fundado en 1932, sendo uns dos clubs máis antigos de España. Na actualidade compite na Primeira División, quinta categoría do baloncesto español. En 1977, con Vicente Sanjuan no banco, o club conseguiu o ascenso á máxima categoría, na que permaneceu até 1993. Nos últimos anos na elite, concretamente desde 1989, o club fusionouse co RCD Espanyol de baloncesto, pasando a denominarse Grupo IFA Granollers.

Historia O Granollers foi fundado en 1932.

Ao longo da súa historia o Granollers tivo diversas denominacións en función da empresa que o patrocinou. Entre 1977 e 1982 foi denominado "Areslux Club Bàsquet", entre 1983 e 1988 "Cacaolat Club Bàsquet". En 1989 o club fusionouse co RCD Espanyol de baloncesto, pasando a denominarse "Grupo IFA Granollers". En 1991 abandonou a dirección do club a empresa Unipublic e creouse a entidade Granollers Esportiu Bàsquet. miniatura|esquerda|Joan "Txitxi" Creus foi un dos xogadores clave do Granollers, xogando case todas as tempadas que o equipo se mantivo na ACB. Os anos 80 foron os mellores anos na historia do club. Na tempada 1982-1983 conseguiu a terceira posición na Liga Española de Baloncesto, con xogadores míticos como Joan Creus, Xabier Mendiburu ou Slab Jones e con Chus Codina de adestrador. En 1983 converteuse nun dos equipos fundadores da Liga ACB, e dende a súa creación ata 1990 sempre se clasificaría entre os oito primeiros. Na 1984-1985 obtivo o quinto posto na Liga ACB, o que lle deu a oportunidade de disputar a Copa Korać da tempada 1985-1986, na que foi eliminado en cuartos de final. O Granollers xogou na Copa Korać contra equipos da categoría do Caserta do brasileiro Óscar Schmidt ou o Partizan de Belgrado. Desta época continuaban Mendiburu e Creus, ademais do aleiro Juan Ramón Fernández, ou os norteamericanos Charles Bradley e Victor Anger. Esa mesma tempada foi subcampión da Copa Príncipe de Asturias de baloncesto, perdendo a final ante o Estudiantes, por 82-89. miniatura|Kenny "Sky" Walker, ganador dos concursos de mates da NBA e da ACB, xogou no Granollers durante a tempada 1991-92. En 1989 produciuse a unión do Granollers co Espanyol, que levou tamén a un cambio de denominación da entidade a "Grupo IFA Granollers", o que provocou tamén un aumento do orzamento, mais non así nos resultados. Incorporáronse xogadores como Santi Abad, Claude Riley, Manel Bosch e Óscar Cervantes, pero os obxectivos non se cumpriron e o equipo empezou a decaer. Con todo en 1990 aínda conseguiu clasificarse para os play-offs, pero un ano despois o equipo só puido conservar a súa praza na ACB nos play-offs pola permanencia. Deuse a casualidade que esa tempada o Club Basquet Granollers contaba nas súas filas co campión ACB de triplas 1991, Óscar Cervantes e o campión de mates NBA e da ACB Kenny Sky Walker.

Xusto despois de conseguir a permanencia chegou o punto de inflexión para o club na máxima categoría do baloncesto español, xa que produciuse a marcha de Unipublic e do Grupo IFA como patrocinador.

O club tivo que renunciar por temas económicos á liga ACB en 1993. O seu derradeiro partido na máxima categoría foi nos play-offs polo título, para os que se clasificara como 14º, cunha vitoria agónica do FC Barcelona por 73-74 o 4 de abril de 1993. O club caeu nas categorías máis baixas da Federación Catalá de Baloncesto pasándose a chamar Club Bàsquet Granollers. En 2001 o club volveu gañar importancia par facerse moi competitivo na Liga EBA, na que competiu dende a tempada 2002−03 ata a 2013–14, cando descendeu á Primeira División, quinta categoría do balonces español, e na que se mantén desde aquela.

En 2021 conseguiu o ascenso á Liga EBA, á que renunciara en 2015, cun 60 % de xogadores formados no club, logo de mudar o plan e orientar máis o traballo do club á formación de xogadoras e xogadores, así como de adestradoras e adestradores.

Patrocinios Por motivos de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia: Areslux Granollers (1977−1982) Cacaolat Granollers (1983−1988) Grupo IFA Granollers (1989−1992) BFI Granollers (1992−1993)

Xogadores Destacados

Santi Abad Tato Abadía Manel Bosch Óscar Cervantes Joan Creus Jordi Creus Ernesto Delgado Fran Dosaula Roger Esteller Juan Ramón Fernández Ferrán Heras Jordi Millera Julián Ortiz Eduardo Piñero Jordi Puig Pep Pujolrás Herminio San Epifanio Francesc Solana Victor Anger Mike Davis Craig Dykema Essie Hollis Thomas Jordan Mike Phillips Claude Riley Wayne Robinson Elston Turner Kenny Walker

Historial O seguinte é o historial do club na máxima categoría. AnoNivelLigaCopa do ReiOutras copasCompeticións europeas1977–78 11ª División 9º 7–1–14Fase de grupos1978–79 11ª División 6º 11–11Cuartos de final3 Copa Korać 2–21979–80 11ª División 5º 9–3–10Oitavos de final1980–81 11ª División 10º 9–1–16Oitavos de final1981–82 11ª División 9º 11–1–4Cuartos de final1982–83 11ª División 3º 17–2–7Cuartos de final1983–84 1Liga ACB 6º 19–12 1984–85 1Liga ACB 5º 12–19 Copa Príncipe SF1985–86 1Liga ACB 8º 11–21 Copa Príncipe 2º3 Copa Korać 4–61986–87 1Liga ACB 7º 13–20Cuartos de finalCopa Príncipe CF1987–88 1Liga ACB 7º 17–13 Copa Príncipe CF1988–89 1Liga ACB 8º 18–20Primeira rolda1989–90 1Liga ACB 8º 21–17Semifinais1990–91 1Liga ACB 19º 18–24Terceira rolda1991–92 1Liga ACB 12º 20–20Terceira rolda1992–93 1Liga ACB 14º 13–20Terceira rolda

Alén do amosado, o club tan participado nas seguintes categorías: Terceira División (1970−1972) Segunda División (1972−1977) Primeira División (1977−1983) Liga ACB (1983−1993) Liga EBA (1999−2000, 2002−2013) Primeira División Autonómica (2013−presente)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial do Granollers Perfil do Granollers en feb.es

Granollers Categoría:Granollers