Wilhelm Albert Vladimir Apollinaris de Kostrowitzky, coñecido como Guillaume Apollinaire, nado en Roma o 26 de agosto de 1880 e finado en París o 9 de novembro de 1918, foi un escritor e crítico de arte francés.

Traxectoria Fillo dunha condesa polaca, dende 1902 foi un dos membros máis populares do barrio artístico parisiense de Montparnasse, tivo por amigos e colaboradores a Pablo Picasso, Max Jacob, André Salmon, Marie Laurencin, André Derain, Blaise Cendrars, Pierre Reverdy, Jean Cocteau, Erik Satie, Ossip Zadkine e Marcel Duchamp.

En 1909 publicou o seu primeiro libro O encantador en putrefacción, baseado na lenda de Merlín e Viviana. Os seus poemarios, O bestiario ou o cortexo de Orfeo (1911) e Alcoois (1913) reflicten a influencia do simbolismo, con importantes innovacións formais; nese mesmo ano apareceu o ensaio crítico Os pintores cubistas, defensa do novo movemento como superación do realismo. No 1916 publicou o libro de relatos O poeta asasinado.

Alistouse como voluntario en 1914 no exército francés, combatendo na Primeira guerra mundial. Foi ferido de gravidade na cabeza en 1916, morrendo dous anos despois, vítima da gripe española.

Obra

Traducida ao galego O bestiario ou cortexo de Orfeo (Le Bestiaire ou Cortège d'Orphée), trad. Pablo Seoane (Positivas, 2016) O poeta asasinado (Le poète assassiné), trad. Alberte Allegue Leira (Laiovento, 1999) As Mameiras de Tiresias (Les Mamelles de Tirésias), trad. Xesús González Gómez (Laiovento, col. Teatro, 2007) As once mil vergas (Les onze milles verges ou les amours d'un hospodar), trad. Ana Castiñeira Real e Xosé Antón López Dobao (Positivas, col. Popular, 1992) Apollinaire: poesías (Oeuvres poétiques), trad. José Antonio Loira Nieto e Santiago Martínez García (Editorial Tris Tram, col. Poesía de peto, 2002)Listaxe de obra traducida ao galego de Guillaume Apollinaire en Bitraga.

Notas

Véxase tamén

Caligrama - composición poética coas palabras compoñendo debuxos, da que Apollinaire foi un pioneiro.

Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Escritores de Francia Categoría:Nados en 1880 Categoría:Finados en 1918 Categoría:Nados en Roma Categoría:Poetas en lingua francesa Categoría:Poetas de Francia Categoría:Finados por gripe