San Tomé de Nogueira é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Meis na comarca do Salnés. Segundo datos do IGE, tiña 718 habitantes no ano 2025, dos que 357 eran mulleres e 361 homes, o que representa un aumento respecto ós anos 2016, cando tiña 655 veciños, e 2010, cando eran 681.

Transporte A parroquia está atravesada pola PO-531 (Pontevedra-Vilagarcía de Arousa), e nela nace a PO-300, que segue cara a Cambados.

Patrimonio O exterior da igrexa parroquial non presenta nada de interese, pero no interior posúe unhas pinturas góticas (do século XVI) que representan a Anunciación, no centro da ábsida; e -debaixo- a Aperta ante a Porta Dourada, con San Xaquín e Santa Ana; a Adoración dos Reis Magos, no lado da Epístola (aínda que a imaxe de Melchor foi destruída para abrir un arco); e o Nacemento de Xesús, no lado do Evanxeo. Na bóveda represéntase o sol e a lúa.

Lugares e parroquias Lugares de San Tomé de Nogueira

Parroquias de Meis

Notas

Véxase tamén Bibliografía José Manuel García Iglesias: "Las pinturas de Santa María do Campo y Santo Tomé de Nogueira (Pontevedra)", en El Museo de Pontevedra XXXIV, 1980, 285-298.

Outros artigos Lugares de Meis

Categoría:Parroquias de Meis Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Tomé