A palabra membro pode referirse a calquera persoa, animal ou vexetal pertencente a un grupo ou comunidade (grupo de persoas que teñen algún tipo de vínculo, no caso das persoas, ou biocenose, no caso dos animais e vexetais). Ademais, pode referirse: en bioloxía, a cada unha das extremidades de numerosos animais, con cuxo tronco están articuladas, a cada un dos compoñentes dun grupo taxonómico (filo, clase, orde, familia, xénero), en anatomía humana, a cada unha das extremidades (brazos e pernas) que se articulan co tronco, ao membro viril ou pene, órgano sexual masculino do home, en matemáticas, a cada unha das expresións a ambos os lados dun signo de igualdade ou desigualdade nunha ecuación ou inecuación. un sinónimo de elemento, na teoría dos conxuntos.
Categoría:Homónimos