Jack Steinberger, nado como Hans Jakob Steinberger en Bad Kissingen o 25 de maio de 1921 e finado en Xenebra o 12 de decembro de 2020, foi un físico estadounidense de orixe alemá.

Traxectoria Steinberger naceu en Bad Kissingen en Baviera, Alemaña, pero, de orixe xudeu, abandonouna aos 13 anos debido ao incremento do sentimento antisemita e o espertar nazi. Emigrou aos Estados Unidos, onde se graduou na Universidade de Chicago. Durante a segunda guerra mundial traballou no laboratorio de radiación do MIT. Con posterioridade volveu a Chicago a traballar en física teórica, mais baixo a guía de Enrico Fermi seguiu a desenvolver investigacións en radiación cósmica, o que o levou á física dos neutrinos. En 1968 emigrou a Suíza para traballar no CERN como Físico Sénior, onde comezou a investigar na violación CP e realizou innúmeras experiencias sobre neutrinos e a súa dispersión, sendo considerado polo desenvolvemento experimental do modelo estándar de física. Entre 1980 e 1990 foi a cabeza visible do experimento ALEPH, encadrado no LEP (Large Electron–Positron Collider).

Unha vez xubilado, continuou coa súa presenza no CERN ata superar os 90 anos, supervisando os experimentos NA31, NA48 e NA62.

O premio Nobel Recibiu o Nobel de Física de 1988, conxuntamente con Leon Max Lederman e Melvin Schwartz, 'polo método do feixe de neutrinos e a demostración da estrutura dobrete dos leptóns a traverso do descubrimento do neutrino muónico' (1962). Estes experimentos foron realizados no Sincrotrón de Gradiente Alterno -Alternating Gradient Synchrotron (AGS)- no Brookhaven National Accelerator Laboratory da Universidade de Columbia.

O traballo premiado levou a descubertas que abriron novas oportunidades na investigación da estrutura e dinámica máis internas da materia. O traballo levou a solucionar dous grandes obstáculos para progresos posteriores nas forzas débiles. Un deles foi que de xeito previo non había un método de estudo experimental no campo de forzas débiles a altas enerxías. O outro, foi solucionado pola descuberta de que había ao menos, dous tipos de neutrinos, un relacionado co electrón e o outro co muón.

O importe do seu premio Nobel doouno á New Trier High School, escola da que foi alumno.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil no sitio oficial do Nobel de Física 1988 Autobiografía

Categoría:Físicos de Alemaña Categoría:Premio Nobel de Física Categoría:Nados en 1921 Categoría:Finados en 2020 Categoría:Nados en Baviera Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade de Chicago