Natasha Shneider, nada en Moscova o 22 de maio de 1956 e finada nos Ánxeles (California) o 2 de xullo do 2008, foi unha música rusa, que destacou como teclista e vocalista da banda Eleven, onde tocaba tamén o seu marido Alain Johannes. Tocou tamén o baixo nos tres primeiros álbums da banda.

Shneider e o seu marido contribuíron no álbum de Queens of the Stone Age Songs for the Deaf e uníronse á banda durante a xira de promoción do álbum de 2005 Lullabies to Paralyze. Tamén compuxeron, interpretaron e produciron con Chris Cornell para o seu traballo en solitario de 1999 Euphoria Morning, e formaron parte da súa banda na xira posterior.

Shneider tamén actuou en dúas películas, facendo os papeis da cosmonauta rusa Irina Yakunina no filme 2010 (1984), e da estudante de intercambio polaca Wanda Yakubovska en Spiker (1986). Fixo tamén papeis secundarios nas series de televisión Miami Vice e Hill Street Blues.

Categoría:Teclistas Categoría:Cantantes de Rusia Categoría:Nados en 1956 Categoría:Nados en Moscova