Anselmo López Carreira, nado en Vigo en 1951, é un historiador e profesor galego.
Traxectoria miniatura|thumbtime=3|esquerda|Anselmo López Carreira na presentación do Congreso sobre o Reino de Galicia. Licenciado (1976) e doutorado (1994) en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Catedrático de Historia no IES María Soliño de Cangas de Morrazo, logo de ter traballado en Celanova, Verín, Santiago, Barcelona e Hannover. É tamén profesor titor da UNED en Ourense, catedrático de secundaria e historiador ligado ao Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos.
Anselmo López é autor dunha ampla obra ensaística de investigación histórica, centrada na historia medieval de Galicia. Tamén é coautor de varias historias xerais de Galicia (1979, 1991, 1996 e 1997). Foi o encargado do asesoramento histórico do xogo de rol en vivo Irmandiños: a revolta (2006-2008) e comisariou a exposición Da Terra de Lemos ao Reino de Galicia, inaugurada en Ourense en febreiro de 2009.
En 2022 foi o comisario científico do I Congreso Internacional sobre o Reino Medieval de Galicia, organizado pola Deputación da Coruña e celebrado do 19 ao 22 de setembro no Museo do Pobo Galego.
Obra Ensaio miniatura| miniatura|O reino medieval de Galicia, 3.ª edición, 2020. A revolución irmandiña (1987), Ourense, Galiza editora. ISBN 84-86129-13-3 Os irmandiños: textos, documentos e bibliografía (1991), A Nosa Terra. Ourense no século XV: economía e sociedade urbana no Baixa Idade Media (1991), Vigo, Xerais. ISBN 84-7507-571 De Ourense medieval, rexistro de Xoán García, notario do Concello de Ourense, do ano 1484 (1992), Museo Arqueolóxico de Ourense. Padróns de Ourense do século XV Fontes estatísticas para a historia medieval de Galicia (1995), Consello da Cultura Galega. Martiño de Dumio: a creación dun reino (1996), Vigo, Edicións do Cumio. ISBN 84-8289-044-1 A cidade de Ourense no século XV: sociedade urbana na Galicia baixomedieval (1998), Ourense, Deputación de Ourense. ISBN 84-87575-60-9 O pleito das fortalezas da cidade de Ourense (1455-1456) (1998), Ourense, Museo Arqueolóxico Provincial. ISBN 84-88522-06-1 O Reino de Galiza (1998), A Nosa Terra. Promocións Culturais Galegas S.A., ISBN 84-89976-43-0. Cangas na Idade Media. Estudio e documentación (1999), concello de Cangas. A cidade medieval galega (1999), A Nosa Terra. Os reis de Galicia (2003), A Nosa Terra. ISBN 84-96203-27-1. O reino medieval de Galicia (2005), A Nosa Terra, Promocións Culturais Galegas, ISBN 84-96403-54-8. 2.ª edición en 2008 e 3.ª en 2020 (Blukk Editora Nacional) Libro de protocolos de Xoán García, notario de Ourense (Ano 1490) (2007), CSIC, Madrid, ISBN 8400086023 / 84-00-08602-3 EAN 9788400086022. Ourense monumental (2008), A Nosa Terra. Historia de Galicia (2013), Xerais. ISBN 978-84-9914-532-7. O Miño. Un caudal de historia (2015), Xerais. ISBN 978-84-9914-779-6. Arte e escritura na Galicia medieval. Séculos VI-X (2019). Xerais. 176 páxs. ISBN 978-84-9121-561-5.
Edicións Libro de notas de Álvaro Afonso: Ourense, 1434, 2001, Consello da Cultura Galega. 2ª edición en 2005.
Obras colectivas Historia de Galicia (1979), AN-PG. Historia de Galicia (1992), A Nosa Terra. Historia Xeral de Galicia (1997), A Nosa Terra. História compacta do Reino da Galiza (c. 1997), Galiza Nova.Da terra de Lemos ao Reino de Galicia, en colaboración con Sabela López Pato (2009), Xunta de Galicia.Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (2009), Difusora.Historia das historias de Galicia (2016), Xerais.Estudos sobre o Foro de Pontevedra (1169) (2019), concello de Pontevedra. .O Panteón Real (2019), concello de Santiago de Compostela.O Reino medieval de Galicia: Crónica dunha desmemoria, con Xosé Miguel Andrade Cernadas (2020), Xerais.Como levar unha vida honesta (2023), Consello da Cultura Galega.
Premios Premio AELG 2006 de ensaio pola obra O reino medieval de Galicia. Premio Ignacio Cerviño á Recuperación do Patrimonio do concello de Cangas de Morrazo en 2018. 36 Premio Antón Lousada Diéguez 2021, por O Reino medieval de Galicia: Crónica dunha desmemoria. A súa conversa con Orgullo Galego sobre a historia do Reino de Galicia foi galardoada co premio do público na edición do ano 2021 de Youtubeir@s.
Vida persoal Estivo casado coa poeta Chus Pato, coa que tivo dúas fillas: a historiadora da arte Sabela López Pato e a tradutora Catuxa López Pato.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Vídeo sobre a desaparición do reino de Galicia na historia española, 10-11-2009, Asociación cultural O Facho e II. "A intelectualidade debe estar á altura e non consentir atentados contra o galego" , El Correo Gallego'', 26 de agosto de 2009.
Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1951 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade Nacional de Educación a Distancia Categoría:Medievalistas Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Ensaístas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega