miniatura|Primeiro abecedario en prekmuro (1725) miniatura|Mapa dos dialectos do esloveno. O prekmuro marcado de cor ocre na dereita superior O prekmuro é un dialecto da lingua eslovena que se fala na rexión de Prekmurje en Eslovenia que que utiliza tamén a minoría eslovena do condado de Vas en Hungría, que ten como centro cultural a vila de Szentgotthárd. Tradicionalmente tamén o falaba a colonia eslovena establecida no condado de Smogy nos séculos XVII e XVIII pero que gradualmente quedou asimilada pola poboación húngara.

Na súa orixe formaba parte dun continuum dialectal que abranguía tanto os grupos dialectais carintio e panonio do esloveno como o dialecto kaikaviano do croata, que non compartiu as innovacións que se orixinaron dos dialectos centrais do esloveno.

O prekmuro goza dunha forte vitalidade, como en xeral o resto dos dialectos eslovenos, é a fala habitual no fogar mesmo dos estudantes universitarios. Tivo tamén o seu propio estándar escrito e a súa tradición literaria ata 1919, continuando en uso nalgunhas publicacións periódicas ata a segunda guerra mundial.

Características A filoloxía eslovena engloba o prekmuro dentro do grupo dialectal panonio (panonska narečna skupina) O dialecto inclúe moitas palabras arcaicas que non están presentes no esloveno estándar, tamén presenta moitos préstamos léxicos do alemán, e en menor medida do húngaro

Notas

Categoría:Lingua eslovena