Os New York Giants son un equipo profesional de fútbol americano que compite na National Football Conference de National Football League. Ten a súa base en East Rutherford, no estado de Nova Jersey e representa á área metropolitana de Nova York e actualmente adestra e disputa os seus partidos como local no Giants Stadium. Ao longo da súa historia gañou un total de sete títulos da NFL, catro deles conseguidos antes da creación da Super Bowl (1927, 1934, 1938, 1956) e tres despois da súa creación (1986 (XXI), 1990 (XXV), 2007 (XLII)). É un dos cinco equipos que ingresaron na liga en 1925 e o único que aínda existe.

Xogadores Cadro actual

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial dos New York Giants