miniatura|Rúa de Polokwane.
Polokwane (anteriormente chamada Pietersburg) é unha cidade, municipalidade e capital da Provincia de Limpopo en Suráfrica. Ten unha poboación aproximada de 150.000 habitantes.
Historia Na década de 1840, os Voortrekkers baixo o liderado de Andries Potgieter fundaron Zoutpansbergdorp, unha vila a 100 km ao sueste. Ese asentamento foi abandonado por mor dos enfrontamentos coas tribos locais. Fundaron unha nova vila en 1886 e chamárono Pietersburg en honra ao líder Voortrekker Petrus Jacobus Joubert. Os británicos construíron aquí un campo de concentración durante a Segunda Guerra Anglo-Boer para aloxar case 4.000 mulleres e nenos Bóer. A vila converteuse en cidade o 23 de abril de 1992 e o 11 de xuño de 2003 cambiou o seu nome a Polokwane.
Clima A pesar da súa localización no trópico de Capricornio, o clima é espléndido porque a cidade atópase nunha meseta a trescentos metros sobre o nivel do mar. As temperaturas media alcanzan unha máxima de 27 °C no verán e de 20 °C no inverno permitindo a vida ao aire libre durante todo o ano. As choivas no verán varían entre 400 – 600 mm por ano.
Municipalidade Polokwane A área da Municipalidade Local Polokwane alcanza o 3% da superficie total da Provincia de Limpopo e preto dun 10% da poboación de Limpopo reside na área Municipal. Sendo de feito o centro económico de Limpopo, Polokwane pose a maior densidade de poboación do Distrito Municipal Capricorn. A maioría da poboación de Polokwane é rural. Iso mostra que o maior sector da comunidade dentro do municipio reside nas aldeas tribais rurais seguido polos asentamentos urbanos.
Turismo Esta zona é considerada como un lugar de "mitos e lendas". Existen numerosas oportunidades de observación, facendo de Polokwane un popular destino para o eco-turismo no Sur de África. Limpopo está dividida en catro rexións de turismo, representando cada unha un microcosmos da variedade e interesantes culturas na zona.
Outras atraccións son: O Museo ao aire libre sesotho Bakone Malapa Northern, que describe o estilo de vida tradicional e moderno deste pobo. A Polokwane Game Reserve, que ten máis de 21 especies e ofrece camiñadas escénicas. O Savannah Centre, un moderno centro de compras.
O Estadio Peter Mokaba foi utilizado na Copa Mundial de Fútbol de 2010. Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web de Polokwane Fist Mountain (Polokwane na literatura)
Categoría:Cidades de Suráfrica