Josef Proksch, nado en Liberec o 4 de agosto de 1794 e finado en Praga o 20 de decembro de 1864, foi un pianista e compositor checo de ascendencia alemá.
Traxectoria Quedou cego aos 17 anos. Era alumno de Jan Antonín Koželuh. En 1830, Proksch abriu unha Musikbildungsanstalt (Academia de Música) en Praga. O seu método de ensinar a varios estudantes a tocaren de maneira simultánea nas clases de piano foi continuado durante máis dun século. O seu alumno máis famoso foi Bedřich Smetana, quen recibiu leccións de piano e teoría musical de 1843 a 1847.
Véxase tamén
Bibliografía Versuch einer rationellen Lehrmethode im Pianoforte-Spiel…, 1841-64 Die Kunst des Ensembles im Pianoforte-Spiel, 1859
Categoría:Compositores de República Checa Categoría:Nados na rexión de Liberec Categoría:Nados en 1794 Categoría:Finados en 1864